Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Máis de interese... > Engadir á "Miña viaxe"

Camiño de Santiago...

Historia do Camiño de Santiago

Hoxe, as distintas rutas do Camiño de Santiago, en Galicia, contan con máis de 70 albergues para aloxar peregrinos, e os tramos galegos están sendo recuperados e sinalizados para a utilización polos camiñantes, xinetes ou cicloturistas que se queren achegar á universal Compostela.

  • Europa fixose camiñando a Compostela

  • Códice Calixtino

  • Peregrinos na Porta Santa nun Ano Santo

O descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago, a principios do s. IX constitúe o inicio das peregrinacións a Compostela e por conseguinte do Camiño de Santiago.

Por orde do rei Alfonso II O Casto construíuse unha pequena igrexa no lugar do achado, e a noticia propagouse entre a comunidade de crentes e dos reinos cristiáns de Occidente. Así se iniciaron as peregrinacións e o culto a Santiago.

Esta corrente foi expandíndose día a día. Millóns de peregrinos, desde entón, foron trazando lazos relixiosos, culturais e económicos que formaron unha rede de peregrinación única pola súa fonda espiritualidade e polas súas achegas á cultura occidental.

Á nacente cidade de Santiago chegaron os primeiros peregrinos. Estaba a nacer o Camiño de Santiago, tamén coñecido como o Camiño das Estrelas, que se consolida definitivamente nos séculos XII e XIII coa concesión de determinadas indulxencias espirituais. Estas indulxencias terán o seu máximo alcance durante os denominados Anos Santos Composteláns.

Camiño de Europa...

O Camiño de Santiago xerou ao longo dos séculos unha extraordinaria vitalidade. Pola súa existencia naceu a primeira gran rede asistencial de Europa, pero tamén se crearon catedrais, mosteiros, vilas e cidades.

Polo encontro que propiciou o Camiño, xurdiu unha cultura baseada no intercambio, as relacións persoais, e un auxe económico que dinamizou amplas zonas ata ese momento despoboadas.

Así, o Camiño de Santiago é hoxe o primeiro itinerario cultural europeo, porque, como sostiveron varios autores do vello continente, “Europa fíxose peregrinando a Compostela” (Goethe).

Os Anos Santos...

A orixe do Ano Santo Compostelán atribuíuse a unha suposta concesión do papa Calixto II, datada en 1122. Confirmaríana outros pontífices. A bula Regis Aeterni, de Alexandre III, ratifica e fai perpetuo o privilexio do xubileu ou dos anos santos á Igrexa de Santiago.

O primeiro en celebrarse foi posiblemente o de 1182 e durante o século XV xa teñen lugar os grandes anos de perdón como se fai na actualidade.

É Ano Santo Compostelán cando o 25 de xullo, festa do martirio de Santiago, cae en domingo. Deste xeito, o xubileu compostelán celébrase cunha cadencia de 6, 5, 6 e 11 anos. A distribución tan irregular dos anos débese aos bisestos, que trasladan a orde lóxica anual.

O peregrino pode alcanzar a indulxencia a partir do día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, se cumpre certos ritos piadosos. Existe, non obstante, sen necesidade de chegar a Compostela, a posibilidade de gañar o xubileu: entrar pola Porta do Perdón da igrexa de Santiago de Villafranca (León).

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba