Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > Torre de Hércules > Historia da Torre > Engadir á "Miña viaxe"

Torre de Hércules

A restauración da Torre

En 1788 comezaron as obras da restauración definitiva da Torre de Hércules. Rematadas en 1790, déronlle á Torre, agás pequenas transformacións posteriores, o seu aspecto actual. Posteriormente realizáronse diversas obras de acondicionamento do contorno.

  • Torre de Hércules

En 1788...

En 1788, por iniciativa do Real Consulado da Coruña e autorizadas polo rei Carlos III, comezaron as obras da restauración da Torre de Hércules. Estas obras, realizadas polo enxeñeiro militar Eustaquio Giannini, afectaron principalmente ao exterior e á parte superior da Torre. No exterior revestiuse o núcleo primitivo romano cun envoltorio de pedra de estética clasicista. Esta nova fachada ten unha sobria decoración e unha duplicidade simétrica e regular dos vans que na súa meirande parte son falsos e que só nalgúns casos se corresponden coas antigas entradas romanas ás estancias interiores (ás veces tapiadas en parte para manter a regularidade na fachada). A banda diagonal, que percorre os muros en espiral ata o cumio, lembra a antiga rampla romana de acceso.

Na parte superior, levouse a cabo a demolición dos restos da rotonda romana e dos engadidos feitos no século XVII (torretas e balcón) que son substituídos por un novo remate composto de dous corpos octogonais superpostos; o superior contiña inicialmente o fanal ou fogarón que alimentado por carbón serviría de luminaria. No interior, a vella escaleira de madeira foi substituída por unha nova de pedra con pasamáns de madeira.

A restauración rematou en 1790.

Pouco despois acometéronse diversos traballos de acondicionamento do contorno. Proxectáronse a construción do camiño de acceso e unha plataforma rodeando a base da Torre que non se remataría ata 1861. Ademais constrúese unha caseta de pedra para servir de protección da rocha onde estaba a inscrición romana.

Entre 1799 e 1806...

Entre 1799 e 1806, realizáronse novas obras provocadas pola substitución do farol de carbón por un novo fanal xiratorio de reverberos parabólicos alimentado con aceite. Esta instalación obrigou a Giannini a introducir modificacións no cumio da Torre. A cuberta do corpo superior foi demolida e colocouse unha lanterna de cristal que aínda se conserva hoxe. Tamén se realizou a construción dun peculiar pináculo pétreo que alberga a escaleira de acceso á lanterna e instalouse un pararraios.

Séculos XIX e XX...

En 1927 realizouse a electrificación do faro

No século XIX e ata finais do XX, as reformas foron mínimas e apenas afectaron ao interior da Torre, tiveron meirande importancia as que se acometeron no seu contorno. En 1849, o interior da Torre foi acondicionado para instalar as clases da primeira Escola de Torreiros de Faros de España, que se mantiveron ata 1854. Dende 1858 e ata 1906 as paredes interiores da Torre estiveron revestidas con papel estampado. En 1909 a varanda de madeira da escaleira interior foi substituída por outra de pedra. E en 1861 e 1956 construíronse diversos edificios destinados ao aloxamento dos fareiros, situados ao pé da plataforma da base da Torre.

> Textos aportados polo Concello da Coruña
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba