Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Acerca de... Galicia > Engadir á "Miña viaxe"

Actualidade

por páxina
  • 24/01/17

    O recinto de Turismo de Galicia en Fitur rexistrou un máximo histórico de afluencia ao recibir 75 500 visitantes

    Nava Castro sinala que a nosa comunidade celebrou un total de 30 presentacións entre as que destacaron as festas declaradas de interese turístico nacional e internacional e a promoción do turismo de natureza

    Afirma que máis de 200 medios de comunicación galegos, españois e internacionais, visitaron o expositor interesados pola oferta turística galega

    “Fitur converteuse, un ano máis, no mellor escaparate para difundir e promover o destino Galicia”, apunta

  • 23/01/17

    O turismo internacional acadou en 2016 máximos históricos, con máis de 1,2 millóns de viaxeiros e 1,9 millóns de pernoitas

     

    Así o demostran os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)  referentes á ocupación hoteleira do 2016

    A nosa comunidade rexistrou tamén cifras récord no que se refire aos viaxeiros aloxados, con máis de 4 300 000, e ás pernoitas, con máis de 8 200 000

    Os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao ano 2015 en 2,3 puntos porcentuais, para situarse na cifra máis elevada dos últimos nove anos

  • 23/01/17

    A Ruta da Lamprea promovida por Turismo de Galicia recibe o premio Excelencias Gourmet no marco de Fitur

     

    Nava Castro foi a encargada de recibir o galardón concedido a este produto turístico diferenciador baseado no milenario peixe de gran tradición e arraigamento en Galicia que foi posto en marcha o pasado ano

    O premio é concedido anualmente polo Grupo Excelencias co obxectivo de fomentar a calidade en diferentes ámbitos, todos eles relacionados co turismo, a gastronomía e a cultura

    Nesta XII edición elixíronse aos gañadores entre unha ampla e variada selección de candidaturas recibidas de todo o mundo

  • 23/01/17

    Turismo de Galicia levou a oferta galega ao mercado dos países nórdicos a través da feira Matka de Helsinki

     

    Trátase do maior evento da industria de viaxes no norte de Europa e a rexión do Báltico

    Nos once primeiros meses do pasado ano Galicia rexistrou preto de 7.000 viaxeiros aloxados procedentes de Finlandia que realizaron case 10.500 pernoitas nos establecementos hoteleiros da Comunidade galega

    No ámbito do Camiño de Santiago, selaron a súa Compostela no 2016 un total de 868 peregrinos finlandeses
     

  • 23/01/17

    Turismo de Galicia publica dúas liñas de subvencións dotadas de preto de 2.700.000 euros para o impulso do turismo rural

     

    A primeira liña de subvencións está dirixida á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo

    A outra está destinada ao fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural galego

    Ambas ordes de axudas publicáronse no Diario Oficial de Galicia

  • 23/01/17

    Feijóo avanza un Plan estratéxico do turismo 2017-2020 consensuado co sector para consolidar Galicia como destino internacional e reforzar o peso do turismo no PIB da comunidade

    Resalta que 2016 foi un ano especialmente positivo para o sector con 4,7 millóns de viaxeiros aloxados nos 11 primeiros meses, dos cales 1,3 millóns corresponden a viaxeiros internacionais

    Asevera que a Comunidade galega é capaz de ofrecer experiencias diversas e sempre garantindo o compromiso da calidade, como o acreditan os 281 establecementos que en 2016 obtiveron a Q de calidade

    Subliña que para aproveitar a beleza da paisaxe se porán en marcha iniciativas como a Rede de miradoiros de Galicia ou as Rutas e sendas de Galicia; e na web Galicia Natural e Única, recóllese toda a información da Rede de parques naturais da Comunidade

    Lembra que aqueles que buscan coidarse teñen no termalismo un grande aliado, a través do Plan termal de Galicia e da posta en marcha do Plan de turismo de saúde. “E temos tamén unha ampla tradición no ámbito da enogastronomía”, engade

    Avanza que, para conmemorar neste 2017 os 30 anos desde que o Consello Europeo declarou Santiago de Compostela como primeiro itinerario cultural europeo, se levará a cabo un programa específico de actividades

    “Seguiremos traballando para que Galicia siga sendo un punto de encontro entre culturas, entre linguas e, en definitiva, entre persoas, non só de Europa senón de todo o mundo”, di

  • 23/01/17

    Os trens turísticos de Galicia incorporan dúas novas rutas que potenciarán o turismo urbano

    Súmanse ao programa o “Tren Ourense termal” e o “Tren da Coruña” cos cales circularán pola nosa comunidade un total de 11 trens turísticos, cunha previsión de 56 saídas

    Outra das novidades é a reestruturación do Tren Termal e do Camiño do Norte, que pasará a denominarse “Lugo romano”, e o da Ruta da Lamprea, que incluirá unha visita á cidade de Tui

    Nava Castro destacou que este programa é un exemplo para a posta en valor dos recursos e os produtos turísticos do noso territorio

    Durante o ano 2016 os trens turísticos de Galicia alcanzaron un 88,30% de ocupación recibindo a viaxeiros de 19 nacionalidades distintas
     

  • 23/01/17

    O Consello da Xunta dá o visto e prace a un paquete de premios e axudas, dotado con 1,5 millóns de euros, para seguir mellorando o potencial turístico de Galicia

    Este paquete consta dos premios Galicia Parabéns e Camiño de Santiago e de dúas liñas de axudas para promover as nosas Festas de Interese Turístico e para axudar aos municipios turísticos e xeodestinos a contratar persoal

    Os premios Galicia Parabéns, dotados con 800.000 euros, son unha das grandes novidades deste ano e buscan distinguir aquelas iniciativas públicas dos pequenos concellos destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos de poboación e os Camiños de Santiago

    Os Premios Camiño de Santiago, dotados con 75.000 euros, focalízanse no principal imán turístico de Galicia

    Destinaranse 300.000 euros á liña de axudas para promover as festas de interese turístico da comunidade. Estas axudas, das que no 2016 se beneficiaron 85 concellos, sufragarán parcialmente os investimentos para apoiar as festas declaradas de interese turístico de Galicia, 112 na actualidade

    Ponse en valor a liña de axudas para que os concellos que contan coa declaración de municipios turísticos contraten persoal para as oficinas de turismo entre xuño e setembro, que estará dotada tamén con 300.000 euros
     

  • 16/01/17

    Barceló Hotels inicia o ciclo de visitas das cadeas hoteleiras que buscarán talento no Centro Superior de Hostalería de Galicia

    Durante os próximos tres meses unhas vinte compañías internacionais visitarán o Centro e entrevistarán a todos os alumnos para facer as prácticas do curso 2016-17

  • 16/01/17

    Turismo de Galicia promove por vez primeira a nosa Comunidade no certame turístico Ferien Messe de Viena

    Trátase dun encontro con gran potencial dado o interese deste mercado nos produtos relacionados co contacto coa natureza e no Camiño de Santiago

    Así, Turismo de Galicia presenta as distintas posibilidades da Ruta Xacobea e incide nos recursos naturais galegos, o sendeirismo e a rede de centros BTT

    Nos once primeiros meses de 2016, máis de 13.000 austríacos estiveron aloxados en hoteis da Comunidade galega

    En relación ao ámbito xacobeo, o pasado ano un total de 1.663 peregrinos austríacos realizaron o Camiño de Santiago

     

por páxina

Buscador...

Escolla por data:

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba