Imagen asociada

Información xeral sobre a Área de Estudos e Investigación: os seus obxectivos, modelo de constitución, persoal que o conforma e axenda que está a desenvolver.


Área de Estudos e Investigación


A importancia económica do sector turístico en Galicia é a oportunidade de mellorar a capacidade competitiva das empresas turísticas exixe que as diferentes tarefas de investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico no eido do turismo precisen dunha acción conxunta das diferentes administracións e institucións implicadas, a través da configuración dun marco e un método específico e estable que permita levala a cabo con éxito.

Esta Área de Estudos e Investigación concíbese como un instrumento executivo de esforzo combinado daquelas e a súa presenza foi corroborada polos acordos adoptados que se recollen no protocolo subscrito por todas as administracións e entidades colaboradoras.