Estudos e proxectos
Imagen asociada

O software de xestión hostaleira, deseñada polo IET de Galicia a partir de software libre e compatible con diferentes sistemas, consiste nunha aplicación para a xestión de pequenos establecementos hoteleiros.

 


Se desexa ver o arquivo no formato de OpenDocument necesita descargar o programa.

http://www.libreoffice.org/

 

Se desexa abrir o arquivo con Adobe Reader necesita descargar o programa.

http://get.adobe.com/es/reader/

ESTUDOS E PROXECTOS
Aplicación para a xestión hostaleira

Co obxectivo de mellorar o sistema de xestión interna dos pequenos establecementos hostaleiros de toda Galicia, o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia ven de deseñar esta ferramenta. Trátase dunha aplicación deseñada con software libre, que permite unha xestión profesional e operativa aos responsables dos pequenos establecementos hoteleiros de Galicia que carezan de ferramentas tecnolóxicas axeitadas para realizar o seu traballo cotián.

Os obxectivos desta aplicación son:

  1. A introdución de novas tecnoloxías de xestión a través dunha aplicación para os pequenos establecementos
  2. A mellora da recollida de información estatística por parte da administración

Este software está sendo presentado nas asociacións de hostaleiros de Galicia a través dos cales se distribuirá. Deste xeito o hostaleiro contará cun sistema de xestión sen desembolso económico ningún.


Zona de descargas

Se vostede está interesado en descargar esta aplicación para o empregar na xestión do seu establecemento hostaleiro, poñemos á súa disposición dúas alternativas:

A - Descargar a aplicación preconfigurada para funcionar directamente dende CDROM, pendrive ou unha carpeta do seu Disco Duro:
Aplicación de Xestión Hostaleira

B - Descarga do código fonte da aplicación, para instalar nun servidor web. (Opción recomendada se dispón dun provedor TIC)
https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=323

Documentación
Manual de Xestión Hostaleira
Manual de facturación

 

Datos de contacto:
Email: estudos.turismo@xunta.es