Imagen asociada
Nesta sección e de forma complementaria ás liñas de traballo do Observatorio do Turismo de Galicia, lévanse a cabo tamén outro tipo de traballos dentro da Área de estudos e investigación que non forman parte estritamente do observatorio.


Estudos e proxectos


De forma complementaria ás liñas de traballo do Observatorio do Turismo de Galicia, lévanse a cabo tamén outro tipo de traballos dentro da Área de estudos e investigación que non forman parte estritamente do observatorio. Poden destacarse neste caso varios tipos de traballos:

Aqueles que poden ser labores de planificación turística, elaborando plans directores e plans estratéxicos de turismo naqueles municipios ou destinos que así o precisen, ou en todo caso colaborando cos mesmos na elaboración de diagnósticos e na definición das estratexias e actuacións turísticas. Ditas liñas de traballo poden ser reformuladas e ampliadas na medida en que:

• As fontes de información secundarias, froito de diferentes acordos de colaboración, fornezan de máis e mellores datos estatísticos

• A capacidade de análise e interpretación dos datos e, por tanto, a xeración de coñecemento, mellore coa incorporación de novas ferramentas e métodos de traballo.

Por outra banda, a propia dinámica investigadora e os cambios do sector van xerar novas  necesidades de información que deben responderse con novas liñas de traballo. Neste sentido, algunhas propostas son:

• Análise e estudo dos produtos turísticos de Galicia: turismo de saúde, turismo rural e de interior, turismo urbano e cultural, turismo de congresos, turismo náutico,...

• Estudos de mercado específicos: por procedencia, motivacións da viaxe ou outras variables de segmentación.

• Elaboración da Conta Satélite de Galicia e análise dos impactos económicos do turismo.

• Medición e análise dos cambios tecnolóxicos e de innovación no sector turístico.