Estudos e proxectos
Imagen asociada

A Conta Satélite do Turismo de Galicia (CSTG) é unha operación que emprega a información que provén das Contas Económicas de Galicia elaboradas polo IGE, e que se complementa con información que provén doutras fontes para obter unha visión conxunta do turismo de Galicia.

ESTUDOS E PROXECTOS
Conta satélite do turismo

A Conta Satélite do Turismo de Galicia (CSTG) está composta por un conxunto de contas e táboas, baseadas nos principios metodolóxicos da contabilidade nacional, que presenta os distintos parámetros económicos do turismo en Galicia, para unha data de referencia dada. Comprende tres tipos de elementos:
• Contas e táboas de oferta, nas que se trata de caracterizar a estrutura de produción e custos das empresas turísticas.
• Táboas de demanda, nas que se trata de caracterizar, dende o punto de vista económico, os diferentes tipos de turistas, o turismo nacional fronte ao internacional, o tipo de bens e servizos demandados, etc.
• Táboas que relacionan a oferta coa demanda, que permiten obter unhas medicións integradas que aportan do turismo á economía a través de variables macro como o PIB, a produción ou o emprego.

 

CST: Obxectivos, aspectos metodoloxóxicos e primeiras aproximacións ao cálculo