Área de Estudos e Investigación
Imagen asociada

Información referente ás funcións da Área de Estudos e Investigación.

ÁREA DE ESTUDOS E INVESTIGACIóN
Funcións e liñas de traballo

Imprimir

Para o desenvolvemento das funcións que lle son encomendadas, Turismo de Galicia conta coa Área de Estudos e Investigación que se engloba dentro da Dirección de Competitividade, coas seguintes funcións:

• Realización e difusión das operacións e actividades estatísticas oficias en materia turística do Plan galego de estatística

• Realización de estudos de investigación de oferta, demanda, impacto económico, análise de tendencias e estudos sectoriais estratéxicos da política turística galega.

• Análise da información e da opinión do público cliente (opinión web, oficinas de turismo).

• Explotación e análise de datos de fontes secundarias en materia turística.

• Estudo da capacidade competitiva das empresas do sector.

• Participación na transferencia de investigación entre os centros públicos de investigación e as empresas do sector turístico.

• Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas pola Dirección da Axencia.



Co fin de dar resposta aos obxectivos estratéxicos antes definidos a Área de Estudos e Investigación desenvolve unha serie de liñas de traballo e investigación, centradas principalmente no eido da análise estatística e na xeración de coñecemento no ámbito do turismo da nosa comunidade. En particular, as liñas estratéxicas de actuación do centro son:

• Posta en marcha e desenvolvemento do Observatorio do Turismo de Galicia, proxecto de carácter estratéxico que pretende servir de referencia a nivel da comunidade autónoma na xeración e interpretación de datos estatísticos relacionados co sector.

• Elaboración de proxectos técnicos encamiñados á mellora metodolóxica das operacións estatísticas vinculados ao turismo en Galicia.

• Elaboración de estudos e informes de caracterización e dinámica conxuntural do turismo na nosa comunidade.

• Elaboración de planos de desenvolvemento turístico a nivel local.

• Difusión e divulgación dos resultados de investigación, tanto do propio centro coma doutros organismos que xeren información en Galicia vinculada ao turismo (universidades, grupos de investigación...)

• Colaboración con outros organismos e entidades na elaboración de estudos e diagnósticos do sector así como na definición de estratexias de desenvolvemento no eido do turismo.

 

Resolución do 5 de xuño de 2017 pola que se designa o órgano estatístico sectorial da Axencia Turismo de Galicia