Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Acerca de... Galicia > Descargas e utilidades > Engadir á "Miña viaxe"

O Enoturismo de Galicia no teu móbil

Promoción do enoturismo en Galicia a través dunha aplicación para móbiles.

Axencia Turismo de Galicia vén de deseñar unha nova ferramenta para a promoción do enoturismo usando as novas tecnoloxías dos teléfonos intelixentes (i-phone, Android ou Blackberry).

Esta aplicación xa está dispoñible para o seu uso e pode descargarse gratuitamente cos móbiles de última xeración. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, optanto o usuario polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

A utilidade desta ferramenta é dar a coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia: adegas, destilerías, restaurantes, aloxamentos, empresas de ocio, museos, oficinas de información turística, axencias de viaxes especializadas, enotecas…

Cada unha das Denominacións de Orixe galegas (Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas) é presentada amosando as características dos seus territorios e dos seus viños. O uso da tecnoloxía dos GPS integrados nos móbiles permite localizar a nosa posición e dirixirnos facilmente cara o lugar que queremos atopar, superando as dificultades de sinalización que presenta o territorio galego. Igualmente permite automaticamente realizar unha chamada telefónica, enviar un correo electrónico ou acceder á web propia de cada recurso, puidendo así obter unha maior información.

Os distintos proveedores de servizos enoturísticos móstranse cunha pequena ficha de datos de contacto, características e fotografía, así como a súa situación concreta sobre mapas interactivos. Ademais a información actualízase en tempo real cada vez que se introduce nova información na web de turismo de Galicia (www.turgalicia.es), xa que a aplicación está deseñada para ler inmediatamente a información das bases de datos institucionais. Isto permite que as actualizacións sexan continuas e que a ferramenta goce da axilidade e flexibilidade necesarias para afrontar os rápidos cambios tecnolóxicos do sector turístico.

Baixo o nome de “Enoturismo Galicia” os interesados poderán atopar e descargarse gratuitamente no seu dispositivo esta nova e potente aplicación. Con esta acción Turismo de Galicia consigue situar a nosa Comunidade Autónoma como a primeira que deseña un proxecto de promoción integral para o desenvolvemento de todo o noso sector enoturístico usando as máis actuáis tecnoloxías.

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba