Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Faros e praias salvaxes > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Ría de Arousa

XEODESTINO

Ría de Arousa

A maior das Rías Baixas é una sabia mestura de natureza, arte, tradición mariñeira e hoxe en día, do mellor lecer...

Ría de Arousa

RÍAS E PRAIAS

Ría de Arousa

É a máis extensa das rías de Galicia. Por toda a ría, praias e máis praias…

Faros e praias salvaxes

Areais da ría de Arousa

Conta a lenda que cando Deus acabou de crear o mundo, descansou pousando as súas mans sobre Galicia dando lugar ás rías galegas. Neste itinerario pola ría de Arousa, teremos a ocasión de descubrir unha ría chea de lendas de mouros, de piratas e de sereas que se mesturan cun contorno máxico que invita a soñar. 

Interésache!

  • Inicio: Corrubedo (Ribeira)
  • Fin: Sanxenxo
  • Xornadas: 2
  • Km (aprox): 123 Km
Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía.
     Canción popular galega
 
Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levaredes convosco
as nove follas da oliva.
     Romance popular

Percorrido - Día 1º

A primeira xornada desta ruta comezámola nun dos puntos clave da fermosa liña costeira da ría de Arousa: no concello de Ribeira. Nel agárdanos unha das xoias naturais de Galicia, o Parque Natural de Corrubedo

Ampliar
Antes de sentir as súas impresionantes dunas, o primeiro protagonista da nosa xornada será o gran vixía do Atlántico, o faro de Corrubedo, activo dende 1854. A súa fachada presenta forma semicircular cara ao mar e rectangular cara á terra para así paliar os efectos dos fortes temporais que adoitan sacudir a zona. Dende alí, apreciaredes o poder e a intensidade do Atlántico, sen que nada, agás este último, se opoña entre vós e o Novo Continente.
O propósito inicial deste faro era chamar a atención sobre o alto risco dos baixos que abundan nesta liña de costa, aínda que non sempre o conseguiu. Ao longo de tantos anos de actividade, esta torre foi testemuña dalgún que outro afundimento. O naufraxio do transatlántico Santa Isabel fronte á illa de Sálvora, probablemente por unha confusión entre o faro de Corrubedo e o de Sálvora, foi o causante de que se trocara a luz branca por unha vermella, o que lle valeu o alcume de “faro comunista”.
Deixando atrás este enclave, poñémonos en camiño cara ao noso seguinte destino. Trocamos o asfalto por camiños de madeira e area, internándonos no Parque Natural de Corrubedo. Alí, camuflado entre o contorno salvaxe da zona, atoparedes o Centro de Interpretación Casa da Costa (CIELGA). Trátase dun espazo didáctico que conta con exposicións sobre este particular ecosistema. A auténtica perla do conxunto é o propio complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que ocupa unha área de 1.000 hectáreas entre as parroquias de Corrubedo, Artes e Carreira. Preguntádelles aos biólogos calquera dúbida que teñades e logo poñede en práctica o aprendido, explorando e deixando as vosas pegadas sobre as brancas areas das praias do Vilar e da Ladeira, pertencentes ao Parque Natural. Animádevos, tamén, a visitar o espectacular cordón de area formado nun lento proceso por unha represa da auga que configurou a lagoa de Carregal. O transporte exercido polo vento permitiu o desenvolvemento de varios cordóns litorais de dunas, moitas delas semiestabilizadas pola vexetación, pero tamén unha móbil, a meirande do noroeste peninsular.
Conta a lenda, que na lagoa de Carregal está asolagada a cidade de Valverde onde habitaban os mouros que foron vencidos por Carlomagno. Vestixio desta lenda é a pegada do cabalo de Roldán, sobriño de Carlomagno, gravada nun penedo da lagoa cando este pediu, despois da posta de sol, unha hora máis de día para poder derrubar os inimigos. Por iso despois do solpor, aínda hai unha hora máis de luz.
Seguindo o fío desta lenda, poñemos rumbo ao porto de Aguiño para que una embarcación de recreo nos conduza ata á misteriosa illa de Sálvora. Segundo conta a historia, Roldán, certamente ferido, conseguiu escapar da contenda de Roncesvalles refuxiándose nesta illa arousá. Un día, mentres paseaba pola praia, atopou unha rapaza de gran beleza que saía do mar, caendo perdidamente namorado dela… Resultando ser unha serea! Tan grande foi o seu amor por Mariña (como así a bautizou el mesmo) que tiveron un fillo, dando lugar á estirpe dos Mariño. Froito desta mítica historia, atoparedes a estatua de pedra con forma de serea dándovos a benvida á illa e marcando o camiño de pedra que conduce ao faro de Sálvora, gardián da ría de Arousa, xunto co de San Vicente, no Grove.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba