Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Áreas de turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Na Ría de Arousa...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Ría de Arousa

Esta ría suma a unha ampla oferta de turismo mariñeiro os afamados viños albariño da denominación Rías Baixas. Destacamos as vilas de Cambados. Vilagarcía, Sanxenxo, O Grove, a illa de Arousa ou Catoira cos restos das Torres do Oeste construídas para defenderse dos ataques viquingos. E tamén o Parque Natural de Corrubedo que preserva un dos mellores sistemas de dunas existentes no noroeste peninsular.

Ampliar
  • Burgo mariñeiro de Vilaxoán

    Burgo mariñeiro de Vilaxoán

    Cobra importancia a finais do século XVIII gracias aos empresarios cataláns que impulsaron industrias de salgadura, principalmente de sardiña, nas que traballaba a práctica totalidade da poboación de Vilaxoán. Actualmente se conserva o barrio mariñeiro tradicional, coas súas pintorescas e coloristas casas...

  • Casa Natal dos Irmáns Camba

    Casa Natal dos Irmáns Camba

    No barrio de Vilamaior atópase a casa natal dos irmáns Julio e Francisco Camba. Trátase dunha construción de pedra tipicamente galega con escaleira de patín e escudo nobiliario na súa fronte...

  • Faro de Punta Cabalo - Illa de Arousa

    Faro de Punta Cabalo - Illa de Arousa

    Construído en 1852 na Punta Cabalo sobre un conxunto de rochas graníticas e rodeado de pequenas e tranquilas calas, este pequeno faro permite gozar de excelentes vistas da ría de Arousa e a próxima costa do Barbanza co monte da Curota no seu horizonte...

  • Barrio de Porto Meloxo

    Barrio de Porto Meloxo

    Barrio mariñeiro do Grove dedicado á pesca de baixura e ao cultivo de mexillón. Nas súas proximidades podemos atopar embarcacións tradicionais, carpinterias de ribeira e antigas salgaduras...

  • Barrio de Lordelo

    Barrio de Lordelo

    En Lordelo o visitante pode gozar das estreitas rúas e das casas mariñeiras, ademais dunha impresionante panorámica da ría de Arousa...

  • Faro Pombeiriño

    Faro Pombeiriño

    Situado no extremo máis occidental da península do Grove sinala o paso entre este e a illa de Sálvora e marca a boca da ría de Arousa. Pode verse desde as alturas de San Vicente do Mar...

  • Capela da Nosa Señora da Lanzada

    Capela da Nosa Señora da Lanzada

    Capela románica de finais do s. XII e inicios do XIII. Posúe unha soa nave e unha ábsida semicircular. Na fachada occidental posúe un rosetón. Localizada na praia da Lanzada, grande areal que serve de enlace coa península do Grove...

  • Torre da Lanzada

    Torre da Lanzada

    Atópase situada na marxe esquerda da praia do mesmo nome, xunto á ermida e ao castro. É o último vestixio dun castelo que foi construído cara ao ano 960, por mandato do bispo Sisnando para defensa do territorio de Santiago...

  • Faro de Cabo Corrubedo

    Faro de Cabo Corrubedo

    O faro de Corrubedo está na punta do cabo situado nun contorno rochoso desde onde se poden observar as dunas do Parque Natural Dunas de Corrubedo, conformadas por unha masa de area viva que non deixa de moverse...

  • Faro da Illa Rúa

    Faro da Illa Rúa

    Situado en plena ría de Arousa nun illote rochoso. A súa orixe data do ano 1869. Existen fermosas vistas desde o faro como o miradoiro da Curota, a praia de Cabío ou a poboación da Pobra do Caramiñal...

  • Faro da Illa Sálvora

    Faro da Illa Sálvora

    Situado na parte máis saínte, ao sur da illa, no lugar coñecido como punta Besugueiros, preveuse nos plans de 1847 como unha pequena luz local que se convertería, só seis anos despois, nun faro...

  • Conxunto de Xobre

    Conxunto de Xobre

    Casas mariñeiras de tipoloxía tradicional...

  • A Pobra do Caramiñal

    A Pobra do Caramiñal

    A vila naceu da unión de dous lugares, a nobiliaria Pobra do Deán e a mariñeira Caramiñal, que deron orixe en 1822 á actual vila. É un lugar moi fermoso pola concentración de pazos e casas nobres, e por contar cun centro histórico ben conservado...

     

por páxina
Museo do Mar de Rianxo

Museo do Mar de Rianxo

Coa visita ao museo faremos un percorrido polas distintas facetas da vida da vila de Rianxo en relación co mar, abordando a obtención do alimento mariño, a construción dos seus barcos, os medios de locomoción, as ferramentas que empregan, etc.
Reserve en: Museo do Mar de Rianxo
Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

Centro de Interpretación Arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque Galicia

O centro de interpretación alberga exposicións sobre o mar e a pesca, os faros, as embarcacións tradicionais, as casas mariñeiras e a lonxa, entre outras.
Reserve en: Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque
Cruceros Ángel, S.L.

Cruceiros turísticos desde O Grove

Cruceros Ángel  ofrece diferentes alternativas:Cruceiros pola ría: Viaxe pola ría visitando parques de cultivo de mexillón, ostra e vieira, con visión de fondos mariños.Duración aproximada da actividade:  1 hora e 15 minutos (Todo o ano)Viaxe á illa de Sálvora: Visita á illa de Sálvora, coa autorización do Parque Nacional das Illas Atlánticas, acompañados dun guía que informa do valor medioambiental e a biodiversidade tanto terrestre como marítima da ría.Duración aproximada da actividade:  4 horas (De marzo a outubro)Viaxe á illa de Areoso: Navegación con destino á illa de Areoso para gozar da súa fina area e as súas augas cristalinas. Duración aproximada da actividade:  2 horas e 30 minutos (De xullo a setembro)
Reserve en: Cruceros Ángel, S.L.
Caminando por el Mar

Rutas marítimas desde Ribeira

A empresa ofrece diversas rutas marítimas que percorren as zonas de pesca dos mariñeiros e mariscadores con visita ás bateas e a diversas illas. Cóntanse historias e lendas relacionadas coa ría de Arousa e o traballo do mar.
Reserve en: Caminando por el Mar
Intramar

Roteiros de avistamento de aves mariñas

Desde o Chasula ofrécese a oportunidade de realizar roteiros para o avistamento das aves mariñas durante todo o ano, existindo un roteiro para o avistamento de aves peláxicas en primavera-verán  e inverno,  e un roteiro para o avistamento de aves migratorias invernantes durante o outono-inverno e primavera.
Reserve en: Intramar
Intramar

Pesca deportiva a bordo do "Chasula"

 O barco "Chasula" ofrece xornadas de pesca deportiva a flote, para todos aqueles que queiran gozar desta actividade navegando mar adentro.
Reserve en: Intramar
Intramar

Rutas no barco “Chasula” – Intramar

Aula taller e oficios mariñeiros: Organízanse obradoiros sobre artes e técnicas de pesca tradicionais, uso de material de seguridade e salvamento, lectura das cartas mariñas, sinalización marítima, etc. INTRAMAR traballa en colaboración con GUIMATUR para mostrar o Cambados mariñeiro. Rutas turísticas en barco: Visitas guiadas ás illas do P.N.M. das Illas Atlánticas de Galicia (Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes).  Se dispoñedes dun día para coñecer a ría, INTRAMAR ofrécevos un percorrido único de 35 millas e de 11 a 12 horas de duración. Coñecemento mariño - Actividade pesqueira e marisqueira das rías. Visita aos parques de cultivos mariños flotantes. Ruta Xacobea Arousá.-Desde a ría de Arousa remóntase o río Ulla ata Cesures rememorando a  Traslatio do Apóstolo. "Cambados á beira do mar".- Rutas guiadas por terra e mar para coñecer a cultura mariñeira desta vila. Actividades relacionadas coa pesca:Observaremos a pesca do cerco e as súas artes: cerco, cerco real, traíña, tarrafa. A pesca ao asexo (pola noite) e á lusada (coa primeira luz do día). Pesca do cerco de día para a captura de cebo. 
Reserve en: Intramar
Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)

Viaxes no veleiro “Nostramo/Nieves” – Arousavela

Arousavela danos a oportunidade de viaxar en veleiro pola ría de Arousa, ata a illa de Sálvora e ata a illa de Ons,  con opción de consultar outras rutas. Realízanse tamén actividades medioambientais e culturais no veleiro. 
Reserve en: Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)
Minicruceros Proba, S.L.

Viaxes pola ría de Arousa

Visita a criadeiros de mexillóns, vieiras e ostras: Realizarase unha parada para ver os fondos mariños.Mariscada nocturna: Goza dunha mariscada a bordo con queimada pola noite.
Reserve en: Minicruceros Proba, S.L.
Pescanatur O Grove

Ruta de marisqueo a pé - Pescanatur

Goza dunha ruta a pé polos bancos marisqueiros das Rías Baixas. Aquí traballan diariamente as mariscadoras que serán as túas guías e ensinaranche como extraen as ameixas e berberechos das praias, os distintos buratos que deixan na area, o funcionamento da lonxa, o proceso de poxa, etc. 
Reserve en: Pescanatur O Grove
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba