Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Pódeche interesar...

Ver máis
Areal de Rodas

Areal de Rodas

A praia de Rodas, a mellor do mundo, sitúase entre illa de Monteagudo e a do Faro...

Ría de Vigo

RÍAS E PRAIAS

Ría de Vigo

É a ría dos tesouros. Protexida do océano polas illas Cíes, a ría encerra praias…

Ría de Pontevedra

RÍAS E PRAIAS

Ría de Pontevedra

Teno todo: o clima, as praias, o mar, a paisaxe, o patrimonio artístico, o ambiente…

Ría de Arousa

RÍAS E PRAIAS

Ría de Arousa

É a máis extensa das rías de Galicia. Por toda a ría, praias e máis praias…

Illas Atlánticas de Galicia

Atlántica maxestade...

Navegar cara ao poñente é unha das grandes aventuras do litoral galego. Existen as illas galegas, estes son os seus nomes: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Arquipélago de augas o bastante turquesa e area suficientemente branca para evocar praias caribeñas... "ata que metes un dedo na auga". Isto afirma como mérito o diario The Guardian ao considerar o areal de Rodas nas Cíes como o mellor do mundo. Augas frías coas mellores propiedades do océano para a vida submarina e historias singulares de pecios afundidos.

Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia - Illas Cíes

Desde o barco da ría de Vigo albíscase a liña do contorno de tres illas que xogan a ser dúas. Son coñecidas como as Cíes porque seguimos a nomealas polo alcume romano de Siccas, as illas secas, aínda que ningunha por separado se chame así. A do norte ou do Monteagudo e a do medio ou do Faro únense polo finísimo areal de Rodas e un lago que completa a estampa paradisíaca. A illa do sur ou de San Martiño permanece afastada das outras por unha canle chamada Porta do Mar. O arquipélago abrangue ademais unha serie de illotes que se unen baixo a superficie nuns fondos de enorme e fráxil biodiversidade, desde a beleza microscópica nos prados de algas ata a grandiosidade dos cetáceos que non é raro observar.

Ons e a súa irmá Onza ou Onceta e o illote das Freitosas pechan a ría de Pontevedra cunha liña de costa perfilada con area de praias. Pola contra, a parte non visible desde terra é extremadamente agreste e propicia para a formación de furnas e cons. A paisaxe submarina desta cara oceánica fórmana paredes verticais ateigadas de vida grazas ao afloramento de augas profundas ricas en nutrientes. Soubérono ben os habitantes desta illa, a única actualmente poboada do Parque Nacional, dedicados á pesca entre a que salienta a captura do polbo.

Sálvora, no extremo occidental da ría de Arousa, con toda a súa constelación de illas cargada de lendas e historias mariñeiras como as pequenas Noro, Vionta e Sagres, é a reserva total en fondo e superficie. Ao igual que nas anteriores Cíes e Ons, o paso do home deixou a existencia de edificacións humanas de uso relixioso (capelas, altar ou igrexa), civil (faros), militar (fortalezas) e industriais. En Sálvora a salgadeira converteuse en pazo con dúas torres e achamos ademais unha aldea de fermosa fasquía tradicional con oito hórreos e capela.

Cortegada e as veciñas Malveiras gozan da proverbial riqueza biolóxica do mar interior de Arousa. Para observarmos a actividade produtiva o peirao e paseo de Carril ofrecen boas leccións de marisqueo cos seus parques de cultivo de ameixa e berberecho. As mareas son a única fronteira da illa de Cortegada que semella conquistable a pé. En ocasións realízanse visitas guiadas que ademais da historia insular amosan tras o seu espeso piñeiral o tesouro vexetal que representa o bosquete de loureiros con exemplares de ata doce metros de altura.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba