GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO

56
0

Moito antes de que Fernando Alonso nos contaxiara co andazo da velocidade a catro rodas, os veciños da parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros, organizaban xa o seu “Gran Prix” de carrilanas. A que fora unha das principais diversións dos nenos da posguerra, as baixadas vertixinosas sobre unha plataforma de madeira montada sobre catro caixas de bolas, adquire nesta localidade a categoría de deporte artesanal (que hai quen cataloga entre os denominados “deportes de inercia”).
A terceira fin de semana de xullo, “escuderías” de Galicia e do resto de España, e, desde hai pouco, tamén de Portugal, amosan en Esteiro os seus enxeños, nos que a velocidade non é o único que importa, senón tamén a imaxinación, os acabados e as innovacións mecánicas. De feito, a carreira que se celebrou durante anos deu paso nas últimas edicións a unha exposición polo circuíto do Maio, a velocidade controlada e gardando unha distancia de seguridade. A festa, que ten xa máis de vinte anos de historia, gañou ao espírito de competición, e para a concesión dos premios tense incluso en conta o disfrace co que conducen os pilotos.

Destacado:


As carrilanas do xubilado Ramiro García, coñecido en Muros como Xerente.

Arriba