FEIRA DO BONITO DE BURELA

74
0
Facendo honra á súa condición de porto líder na captura do bonito do Norte, os veciños de Burela e os milleiros de visitantes que recibe nas datas de verán gozan desta xornada gastronómica en torno ao seu famoso peixe. A degustación, amenizada pola música de gaitas, ten lugar nunha carpa instalada no peirao, onde as racións de bonito se presentan de distintos xeitos: en empanada, cocido, asado á grella...
A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia é a encargada da organización desta festa que remata pola noite con bos concertos de música. Paralelamente á festa gastronómica, nos últimos anos ten lugar na nave de redes a mostra Produart, organizada pola Fundación Expomar, de produtos ecolóxicos e artesáns, e celébranse mesas redondas, proxeccións e exposicións sobre temas medioambientais e ecolóxicos.

Destacado:

Mostra de produtos ecolóxicos e artesáns na nave de redes do porto.
Arriba