O NASEIRO

57
0
O val que forma o río Landro no lugar do Naseiro, na parroquia de San Pedro, convértese nun poboado de casetas, postos e mercado, con escenarios e atraccións, onde acampa a xente (algúns con todo luxo de comodidades levadas da casa) para gozar de cinco días coas súas noites de troula, comida e bebida.
A festa é tamén coñecida co sobrenome da “festa do bo xantar”, xa que cada xornada (o día grande, o domingo) é dedicada a un manxar: polbo, marisco, doces, carnes, sardiñas e caldo consúmense masivamente, ao son da música das gaitas e das charangas polo día, e da verbena pola noite.
Todo comezou nos anos da República, cando o empresario dunha fundición convidou os seus traballadores a unha comida como manobra para evitar os 30 días de vacacións aos que tiñan dereito. Organizou a comida o antepenúltimo domingo de agosto, de tal xeito que os empregados, agradecidos pola súa xenerosidade, volveran ao traballo antes de tempo.
Ademais das citas en torno á comida, é tradicional o descenso humorístico do río Landro, unha competición que pon a proba a imaxinación e o sentido do humor dos participantes, con embarcacións e vestimentas estrafalarias. 

Destacado:

Descenso humorístico do río Landro.
Arriba