FEIRA DO XAMÓN DA CAÑIZA

54
0
O clima seco e frío da comarca de Paradanta, a altitude ideal e temperatura axeitada: conxugación perfecta para que se curen no seu grao máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos, salchichóns e demais produtos cárnicos de porco. Todo isto unido ao segredo dos xamoneiros da vila conferiron ao xamón da Cañiza a consideración de excepcional.
Na Cañiza existe tradición xamoneira desde hai máis dun século, pois xa a principios do século XX os comerciantes percorrían, cos típicos carros de bois galegos, as aldeas e barrios da Cañiza comprando os xamóns que se curaban nas casas particulares
Desde 1966, o 15 de agosto A Cañiza celebra o seu día grande: a Feira do Xamón declarada de interese turístico pola súa antigüidade, os seus elementos singulares, o arraigo no tempo e os valores culturais que conflúen nesta celebración
Esta celebración conta con numerosos aspectos orixinais en canto á decoración que loce o emprazamento da feira (pallozas de colmo que eran os antigos stands que concorrían nas feiras para que os labregos luciran os seus produtos sen se mollar ou se queimar polo sol, mesas cubertas con tellados de palla, desfiles co carro típico galego tirado por vacas, cargados de xamóns, que era o antigo medio de transporte e os centenarios cabezudos da Cañiza
A feira destaca tamén polo alto grao de participación dos cañicenses que aproveitan o escaparate que ofrece a xornada para mostrar outros produtos típicos da localidade e da comarca, como son os seus queixos, o mel, o viño e por suposto outros produtos do porco que logo se comercializarán durante todo o año (os ingredientes do cocido, os salchichóns, lombos, chourizos e touciños).
Arriba