PANTÍN CLASSIC PRO

38
0
O evento deportivo ‘Pantin Classic Pro’, que está incluído no circuíto mundial da World Surf League, celébrase na praia de Pantín e acolleu no ano 2015 uns 35.000 visitantes.
No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame ‘Pantín Classic Pro’ ocupa un lugar moi destacado e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional. Trátase do único evento de surf profesional internacional que se celebra en España, un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro máis antigo a nivel internacional.
Durante a súa celebración, a nosa comunidade acolle os mellores surfistas profesionais que se achegan a Galicia desde todas partes do mundo. Así, o campionato, ademais de posibilitarlles aos asistentes coñecer unha das moitas praias galegas aptas para a realización da práctica deportiva e posicionar a nosa comunidade como destino de surf, permite mostrar todo o encanto da Galicia costeira.
Destacado
A asistencia na praia de Pantín a presenciar as distintas probas.
Arriba