FESTAS PATRONAIS DE SAN ROQUE

42
0
Aínda que durante todo o mes se suceden concertos, torneos deportivos e outras actividades culturais, os días grandes das festas de Sada a localidade “estoupa”. Moitas son as persoas nativas desta vila mariñeira que regresan nestas datas para gozar da mellor tradición festiva e honrar ao santo patrón na procesión do día 16.
O arboredo da praia, onde se atopa o afamado edificio modernista “A Terraza”, é obrigado punto de encontro a tarde do último día das festas, xa que aquí ten lugar unha tradicional sardiñada. Milleiros de persoas de toda Galicia se achegan ata aí para degustar, gratuitamente, sardiñas asadas, acompañadas do pan de broa e viño.

Destacado:
Degustación gratuíta de sardiñas no arboredo do Curruncho
 
Arriba