FESTAS PATRONAIS DE SAN LOURENZO

39
0
En plena tempada estival, cando a vila mariñeira de Foz ferve de visitantes, teñen lugar as súas festas patronais, repletas de atraccións para todos os públicos. O día grande, dedicado a San Lourenzo, comeza cunha misa cantada polo Coro de Foz e a solemne procesión do santo, coas autoridades municipais á cabeza, acompañada de banda de música. Pola noite, o espectáculo piromusical e acuático concentra a atención do público.
Ao longo das festas, cuxa programación abrangue case todo o mes de agosto, verbenas, concertos de primeiras figuras do panorama musical, festivais de música clásica e corais, degustacións de polbo, a festa da queimada, mostra folclórica, concurso de castelos de area… e unha infinidade de propostas culturais animan as rúas e prazas da localidade. 

Destacado:

Espectáculo piromusical e acuático no Paseo de Laredo.
Arriba