FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA

37
0
A Carballeira das Silvas de Bandeira (Silleda) é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, o terceiro domingo de agosto, a festa da empanada galega, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servían nos mosteiros e os mesóns aos peregrinos que pasaban por estas terras cara a Compostela.
Restaurantes e amas de casa compiten coas súas propias receitas pola mellor empanada nun concurso gastronómico presidido por un xurado experto. Despois, as empanadas premiadas son licitadas entre o público para o seu consumo en grupo. As puxas das peñas, entre a algarabía propia da festa, chegan a acadar cifras desorbitadas, moitas veces destinadas a fines benéficos.
Como é habitual, a xornada dedicada a este prato tan representativo da cociña galega conta con actuacións de bandas de música, grupos de baile e de música tradicional.

Destacado:

A poxa das empanadas premiadas, nas que participan activamente as peñas.
Arriba