FESTA DE EXALTACIÓN DO MARISCO

93
0
En torno á oferta gastronómica de luxo que se pode degustar en toda a localidade e nos expositores aliñados no peirao, O Grove programa unha festa con moitos alicientes, con concertos de recoñecidos intérpretes do panorama estatal e de grupos folk e o xa tradicional Certame de Habaneras, actuacións folclóricas, animación na rúa ou regata de dornas.
A sona da Festa do Marisco chegou fóra de Galicia, e cada ano rexistra maior afluencia de visitantes, atraídos pola calidade e a variedade do produto gastronómico estrela das Rías Baixas. Nos expositores do recinto feiral, é posible coñecer e degustar todos eles, preparados seguindo as máis tradicionais receitas ou de xeitos innovadores. A ritmo frenético, desde a mañá ata a noite, despáchanse milleiros de racións: arroces de marisco, navallas á prancha, ameixas á mariñeira, cigalas, ostras, vieiras ao forno…E, como compañía, a música de gaitas e os bailes folclóricos, que non cesan durante toda a festa.
O acto protocolario da festa é a Gala de entrega das Centolas de Ouro, catro distincións que outorga o Concello do Grove a persoas e institucións que destaquen pola súa actividade vinculada ao Grove.

Destacado: Degustación de todo tipo de preparados de marisco nos expositores do recinto feiral.
Arriba