BELÉN ELECTRÓNICO

6
1
O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro sábado de decembro e pódese visitar ata o último sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un Belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas polos veciños que as fan desinteresadamente. As figuras representan os oficios tradicionais: labregos, pastores, carpinteiros, pescadores...

Múltiples actividades de carácter cultural son celebradas arredor do belén. Este evento converte Begonte nun lugar de visita imprescindible no Nadal.

A sala contigua alberga o Museo do Belén onde se pode ver o primeiro mecanismo que movía o Belén (1971-1972-1973), construcións e as pezas que van sendo retiradas do Belén.
Arriba