SEMANA SANTA DE MONDOÑEDO

3
1
A Semana Santa mindoniense presenta unhas raíces históricas que chegan máis aló do século XVI, é un exemplo de sinxeleza e sobriedade reflexo da Fe popular desta zona de Galicia.
A Semana Santa de Mondoñedo é de recollemento e de vivencia interior.
A Procesión e Misa de Ramos, Procesión do Ecce Homo, Procesión do Prendemento, Adoración do Santísimo, Procesión do Santo Encontro, Procesión do Santo Enterro, Procesión da Soidade, son as máis destacadas manifestacións públicas desta Semana Santa con tantos séculos de historia.
E no centro de todo isto a Catedral de Mondoñedo, que é o punto central dos actos, tanto litúrxicos como procesionais. O Triduo Pascual (actos de xoves, venres e sábado) celébrase nela baixo a presidencia do Bispo da Diocese e nela comezan e rematan procesións tan representativas como o Santo Enterro ou a Soidade o Venres Santo.
A Semana Santa de Mondoñedo, que arranca o Domingo de Ramos e remata o Sábado á noitiña coa celebración da Pascua, reúne tradición, historia e recollemento nun contorno incomparable como son as rúas do Centro Histórico Mindoniense presidido pola súa Catedral Basílica da Asunción.

Para non perder:
A Procesión da Soidade, (venres). Nela procesiónase con candeas acesas acompañando a Virxe e tamén se canta o Plorans (do Mestre Pacheco), que só se pode cantar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.

Arriba