MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO

2
0
O centro histórico de Mondoñedo, singularizado pola Catedral Basílica da Asunción, foi declarado conxunto histórico-artístico en 1985, o que constitúe un marco ideal para a celebración desta festa que se celebra na segunda fin de semana de agosto e que transforma esta localidade nunha cidade do medievo.
Este mercado medieval é un dos máis antigos da provincia.
Na praza da catedral e nas principais rúas instálanse postos de artesáns que mostran os oficios tradicionais da Idade Media. Durante o mercado poden degustarse variadas viandas e participar en xogos populares.
Concertos, actuacións, competicións de tiro con arco, Gran Torneo Medieval coa participación de especialistas de hípica celta e tamén se celebra a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella.

Para non perder:
A cea medieval con que se conclúen os días de festa.

Arriba