ROMARÍA DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRES DE CAIÓN

3
0
A Romaría dos Milagres de Caión está consolidada como unha das celebracións relixiosas de referencia no norte da provincia da Coruña.
O día propio da Romaría é o 8 de setembro. O domingo anterior a esa data, a Virxe dos Milagres é subida en procesión desde a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro, na praza Eduardo Vila Fano (no corazón da vila) ata o Santuario, emprazado no lugar do Outeiro. O domingo seguinte faise a procesión de regreso para levar a imaxe ao lugar no que permanecerá ata o ano seguinte.
O Santuario dos Milagres de Caión convértese durante estas datas no lugar de peregrinación ao que acoden miles de romeiros para render devoción á Virxe.

Para non perder: A asistencia aos actos relixiosos complétase coa visita á fonte situada na entrada principal do Santuario, a cuxas augas milagreiras se lle atribúen propiedades curativas.
Arriba