FESTAS PATRONAIS DE SAN TELMO

9
0
Unha gran cantidade de festexos sucédense en Tui con motivo das súas festas patronais, que se abren coa tradicional coroación das raíñas das festas e inclúen actividades para todas as idades. A isto engádense actos relixiosos, na honra de San Telmo, patrón dos navegantes, santo peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño, que é venerado en toda Galicia. A solemnidade dos mesmos é moi significativa. De feito, algúns deles son oficiados na Catedral de Santa María polo propio Bispo da Diocese de Tui-Vigo. Destaca a procesión do santo, o último día das festas, na que participan numerosas confrarías.
Entre os eventos máis renomeados destaca o Festival Popular do Meixón, unha festa gastronómica en torno ás prezadas angulas do Miño, que ten lugar no Paseo da Corredoira; ou a Feira Agrícola e Industrial do Baixo Miño, que atraen ata esta localidade numeroso público da provincia e do veciño Portugal.
Para non perderse:
Degustación de meixóns do Miño, o domingo.
Arriba