Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Bosques de Galicia > Experiencias... > Engadir á "Miña viaxe"

Bosques de Galicia

Manzaneda - Trevinca

Si, é aquí onde os Bosques de Galicia tocan o ceo.

Coñecidas son a Estación de Montaña de Manzaneda e Pena Trevinca, a montaña máis alta de Galicia (2.127 metros), pero o seu encanto é aínda maior cando descobres os seus mestos fondos, e escondidos bosques.

Propoñémosche tres rutas de sendeirismo moi distintas que ofrecen o mellor desta paisaxe: as Reboleiras do Navea (San Xoán de Río), unha ruta tranquila nas que quizais vos encontredes con algún druída celta, o Souto de Rozabales (Manzaneda), no que camiñaredes entre castiñeiros varias veces centenarios, e o Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras), o bosque inmortal e case inaccesible que non vos deixará indiferentes. Iso si, nesta ocasión, recomendámosvos ir sempre acompañados dun guía especializado! Por cal empezamos?

Reboleiras do Navea

O bosque profundo

O río Navea encáixase profundamente entre as montañas. Nas inclinadas ladeiras do val habita un apertado bosque de rebolos. Estas árbores forman parte da familia dos carballos, cos que adoitan convivir. Todo este recuncho natural, cicelado pola auga, foi distinguido coa declaración ambiental de Paisaxe Protexido, que nos suxire beleza e invítanos a coñecelo.

Unha senda de fácil percorrido serpea entre carballos, cerquiños e castiñeiros, na gran fraga de San Xoán do Río. É o bosque de Galicia, o dos druídas celtas. Un bosque ancestral que nos permite unha visita cómoda e sosegada.

Ampliar
  • Reboleiras do Navea - Pobra de Trives

  • Reboleiras do Navea - Pobra de Trives

  • Ponte do río Navea - San Xoan de Río

  • Ponte do río Navea - San Xoan de Río

  • Perfil da ruta

  • Mapa da ruta

Ruta das Reboleiras do Navea
Punto de inicioTipo de rutaKmDuración estimadaDificultade en progresiónDificultade en orientación
Mouruás (San Xoan do Río)Circular6,82 h 30 min.BaixaMedia
PERFIL: Sendeiristas ocasionais

Xunto ás primeiras casas da aldea de Mouruás, en San Xoán do Río, atoparedes o cartel que sinaliza o inicio de ruta, reza: “A Fraga”. Espéravos desde aquí un bosque que vive pendurado nas inclinadas ladeiras do val do río Navea.

As vistas ao val do río tamén chamarán a vosa atención!

A ruta que propoñemos continúa a través dos camiños que vos levarán, en primeiro lugar, a San Xoán do Río-Fondevila. Alí recomendámosvos facer unha visita á aula de natureza, un grande apoio para axudarvos a orientarvos e para ofrecervos máis información sobre a ruta; así non perderedes nada! Desde aí penetraredes no bosque, percorrendo zonas nas que domina o castiñeiro, outras nas que se impón a fraga de sempre ou as formacións arbóreas que dan nome ao lugar: reboleiras

Percorreredes unha ruta de trazado suave e sabor intenso que vos facilitará unha aproximación moi suxestiva a un bosque singular, ao tempo que nos abre as portas a rutas máis longas a través do bosque e do val do río.

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba