Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Bosques de Galicia > Experiencias... > Engadir á "Miña viaxe"

Bosques de Galicia

Rías Altas

Precisamente nas Rías Altas de Betanzos e de Ares, desembocan os ríos Mandeo e Eume. Uns bosques de ribeira frondosos e cheos de vida acompañan a ambos os dous ríos na súa viaxe, deixando ao seu paso belas paisaxes, pozas, fervenzas, pontes, muíños, refuxios de pescadores,…

O Parque Natural das Fragas do Eume conta con infinidade de rutas que permiten coñecer todas as súas revoltas, sorteando o río baixo carballos, castiñeiros, teixos, bidueiros e ameneiros, que conviven con xigantes fentos do Terciario. Nesta ocasión, propoñémosvos comezar a descubrir as fragas pola Senda dous Cerqueiros (Monfero), achegándovos o último bosque atlántico.

Ao longo do río Mandeo, onde seguro que poderedes ver algunha que outra troita, sucédense ameneiros, salgueiros, bidueiros ou abeleiras. Como nas Fragas do Eume existen varias rutas de sendeirismo, propoñémosvos empezar por unha delas: a ruta do río Cambás, un afluente do río Mandeo. A través desta senda gozaredes de pozas e fervenzas e internarédesvos na bela Fraga das Barbudas (Aranga).

Ídevos perder a oportunidade de coñecer ambas as dúas fragas? Animádevos!. Paga a pena!

Fragas do Eume

O último bosque atlántico

Encaixado e escondido nun profundo val, o río Eume corre animoso cando as súas augas se ven libres das ataduras da presa. No encoro reflíctese o mosaico de cores dos grandes bosques que o rodean. Intúese a súa forza contida, coma se o río se dese un respiro antes de saltar polas paredes abruptas do canón.

O gran bosque atlántico de Galicia, as Fragas do Eume, agocha nas súas entrañas árbores marabillosas, musgos e liques, fauna salvaxe, muíños que cos murmurios constantes da auga enchen de maxia os sentidos do visitante. No medio do bosque xorde a figura do antigo Mosteiro de Caaveiro. Entre estes muros viviron os monxes, oraron e traballaron as terras en perfecta harmonía coa natureza.

Hoxe día, as Fragas do Eume ofrecen sendeiros amables para facilitar a viaxe cara ao corazón do bosque, un corazón verde no que poderás perderte entre acivros, albedros, carballos e castiñeiros centenarios. Cubertos polas follas xigantes de fieitos primitivos, quizais se escondan os trasgos que encantan este espazo. Unha paleta de cores levaranos desde os amarelos outonais ata o paraugas verde que forman as follas que mitigan a calor das tardes de primavera e verán. Para comezar, propoñémosvos un dos seus sendeiros máis fermosos: Os Cerqueiros.

Ampliar
  • Fragas do Eume

  • Fragas do Eume

  • Fentos en Fragas do Eume

  • Fragas do Eume

  • Fragas de Eume

  • Mosteiro de Caaveiro

  • Perfil da ruta

  • Mapa da ruta

Ruta dos Cerqueiros
Punto de inicioTipo de rutaKmDuración estimadaDificultade en progresiónDificultade en orientación
Piladaleña (Monfero)Circular83 h.BaixaBaixa
PERFIL: Todos os públicos

A senda dos Cerqueiros é moi fácil, non ten perda e, ademais, permitiravos coñecer a inmensa vexetación deste Parque Natural. Para atopar o punto de inicio teredes que achegarvos ata o Mosteiro de Monfero e tomar dirección A Visura. Unha vez alí, tomaredes sentido Piladaleña ata atoparvos cuns xentís paneis de información que vos darán a benvida oficial aos cumios de Sanguiñedo e á nosa Senda dos Cerqueiros. Esta senda empeza e termina entre piñeiros, atravesa unha fraga intensa e profunda e asómase ao monte baixo. Aínda por riba, brindaravos a oportunidade de achegarvos ás beiras do encoro, ou de visitar antigos poboados hoxe abandonados, coa súa mensaxe sobre a tradicional vida destas terras.

Atentos! Ides percorrer paisaxes onde habita o lobo, esquivo e prudente na súa relación cos humanos.

Empezaredes baixando entre piñeiros e prados. Moi pronto, á vosa esquerda, veredes como nacen o val e fraga de Teixeiro, que deseguido gañan profundidade, escondendo nas súas entrañas árbores marabillosas, fauna salvaxe (non é difícil atopar as pegadas do lobo), muíños, musgos, liques e a luz máxica das fragas silvestres. Todo este tesouro está protexido pola ausencia de camiños e as fortes pendentes do val. A pista neste tramo aínda está aberta a grandes vistas, en competencia co misterio que se intúe no val que se afunde á vosa esquerda. Ao fondo deste escenario natural, atoparedes o pico Fontardión.

Seguiredes o camiño ata chegar a unha curva de 90º á vosa dereita, onde teredes que tomar unha decisión: continuar a senda dos Cerqueiros ou aventurarvos por un amplo sendeiro que vos levará ata o encoro, regalándovos unha incursión naquel bosque misterioso que se observaba desde o inicio da ruta.

De novo na senda principal, retomaredes o camiño que se internará nunha fraga que vos ofrecerá distintas propostas de desvío, curtas pero moi interesantes, así que, se ides con tempo, non volas perdades! A ruta levaravos de novo á pista asfaltada, que vos conducirá en poucos minutos ao momento de inicio da ruta.

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba