Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Ruta da camelia > Pazos e Xardíns > Engadir á "Miña viaxe"

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Ruta da camelia...

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Camelias de celofán...

Envoltas no lene celofán da mera -inevitable case- polo lugar en que naceron, as camelias do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla son, amais de ilustres, ilustradas. Ilustres por antigas e vencelladas ao avoengo da casa. Ilustradas porque, mesmo un chisco murchas, con ese tacto de papel, de seda vella que lles queda cando xa pasou o seu tempo -deberon de acompañar a Jovellanos-, permanecen inertes encol da mesma mesa de pedra onde o escritor redactou máis dun asisado memorando.

Jovellanos, pois, non chegou a tempo: mediaba abril e as máis das camelias feneceran: as súas cabeciñas xacían estradas na terra, vencidas pero intactas.

Dende aquela ata aquí, as camelias de Ribadulla medraron ventureiras, «sen coidado», como din os botánicos. Fuxitivas do xardín, escaparon cara ao bosque. Logo a natureza fíxose cargo; repartiu as súas sementes a doután, á mercé do vento e dos paxaros. Deixounas florecer onde caeron. E a semellanza do que acontece en Xapón, a súa patria vella, creou ao cabo un bosque de camelias, un bosque que está sempre en movemento.

Entre murmurios de fontes, runxires, cadoiros, agochos, máis de 200 camelias reinvéntanse cada inverno. Os magnolios préstanlles o seu recendo, tan frondosos e venerables coma elas. E o bosque, que é xa de por si un bosque peculiar, vólvese único: un bosque de camelias.

Información visitas:

+34 981 512 011
  • Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
    Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
    Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
    Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
    Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
    Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba