Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Bono Iacobus no teu móbil

Camino Santiago

Promoción do Bono Iacobus en Galicia a través dunha aplicación para móbiles.

Non esperes máis e descubre a aplicación do BONO IACOBUS para gozar dun "Bo Camiño”.

Turismo de Galicia pon á túa disposición a nova aplicación para móbil do BONO IACOBUS, un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago que permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que conducen a Santiago de Compostela, aloxándote cada día nunha casa de turismo rural diferente e gozando do mellor da nosa gastronomía tradicional.

Descargando esta aplicación accederás directamente a información detallada das diferentes rutas alternativas (prezos, duración, distancias, etc), incluíndo textos descritivos de cada unha das etapas apoiados en información gráfica de perfís da ruta e de localización en mapa.

Tamén terás acceso aos datos e fotografías dos establecementos correspondentes a cada traxecto e ademais dispoñerás da opción de comunicar directamente co Centro de Información co fin de atender todas as túas dúbidas e asesorarte na forma de realizar a reserva final.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba