Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Encomendas de xestión

Os artigos 8, 9 e 10 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, prevén a realización de encomendas de xestión a outros órganos da mesma Administración ou entidade que a encomendante por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios idóneos para o seu desempeño; a órganos pertencentes a distintas administracións e entidades públicas, pertenzan ou no ao sector público autonómico, e a entidades de dereito privado que reúnan a condición de medio propio da Administración ou entidade pública encomendante mediante resolución unilateral do órgano que se determine conforme ao artigo 47 da citada Lei.
Así mesmo, a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, regula as encomendas de xestión no seu artigo 13 que dispón:
“1. As encomendas de xestión intrasubxectivas, realizadas entre órganos integrados na mesma persoa xurídica, e intersubxectivas, realizadas entre persoas xurídicas distintas, para a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos dentro do sector público autonómico rexeranse polo disposto nos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
As encomendas intersubxectivas dentro do sector público autonómico comprenderán as realizadas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma a favor das entidades instrumentais, polas entidades instrumentais a favor da Administración xeral, así como as realizadas polas entidades instrumentais entre elas.
2. As encomendas de xestión en virtude das cales se lle encargue a unha entidade, que conforme o sinalado na Lei de Administración xeral e do sector público de Galicia teña o carácter de medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma de Galicia, a realización dunha determinada prestación a cambio dunha tarifa suxeitaranse ao establecido nos artigos 47 e seguintes da indicada lei.
Estas encomendas, cando teñan un importe que se encontre dentro dos límites establecidos na lexislación de contratos do sector público para os contratos menores, non precisarán de formalización por escrito, sen prexuízo da constancia no expediente de encomenda, se é o caso, da autorización ou do traslado previsto no artigo 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.”

Perfil do contratante

Perfil do contratante

Actividade contractual da Axencia Turismo de Galicia...

Compárteme en...
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba