Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

A Directora

Biografía de Mª Nava Castro Domínguez

Directora Turismo de Galicia

  • Mª Nava Castro Domínguez
    Mª Nava Castro Domínguez

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, conta con diversos Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. UDC, en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña- Fundación Española de Estudos Sociais). Curso de Liderado Público (INAP).

  • Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia.
  • Dende 1998 e ata 2000 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia).
  • De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.
  • Entre 2000 e 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas.
  • Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas (Pontevedra), onde en 2007 asumiu a concellería de Economía e Facenda.
  • De 2003 a 2006 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocupou entre 1998 e 2000 e entre 1995 e 1998.
  • Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.
  • En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata a setembro de 2012.
  • En xaneiro de 2013 foi nomeada directora de Turismo de Galicia.

 

Normativa

Normativa

Leis, Decretos, Ordes e Resolucións relacionadas co turismo...

Compárteme en...
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba