23 Apr 2018

GASTROFORUM CSHG: III FORO GASTRONÓMICO DE TURISMO DE GALICIA

 

 

Programa

 

Luns 23 de Abril

09.50 Chegada de Asistentes

10.00-10.10 Apertura e benvida 

Nava Castro- Directora de Turismo de Galicia

Marta Fernández- Directora de Profesionalización de Turismo de Galicia

 

10:10 – 10:30 Relatorio Introdutor:

Andrés Nieto profesor responsable do departamento de Revenue e Comercialización do CSHG fará unha análise acerca da situación actual da gastronomía e a restauración en Galicia. 

 

10:30 – 11:30  MESA REDONDA: . “Viaxe de volta ao receitario tradicional de Galicia”

Modera: Manuel Gago - Xornalista

Formarán a mesa:

-María Varela “A Parada das Bestas” Palas de Rei

-Rafa Centeno “Maruja Limón” Vigo

-Javier Olleros “Culler de Pau” O Grove

-Pepe Solla “Casa Solla” Poio

-Miguel Ángel Campos “A Gabeira” Ferrol

 

11:30 – 12:00 EXPOSICIÓN TÚNEL DO PAN – En colaboración coa Cátedra do pan e do cereal da USC e PAUSA CAFÉ

 

12:00 – 12:45  Obradoiro de Cociña I:  “A LAMPREA” impartido por Diego López do “Restaurante La Molinera” (Lalín), Cecilia Cermeño "Casa Calviño" ( As Neves) e Begoña Pérez “Obrador de Lamprea”.

 

13:00 – 13:45 Obradoiro de Cociña II: “A CALDEIRADA” impartido por  por Amelia Gónzalez "Casa Solla" (Poio), Iñaki Bretal do “Restaurante Eirado da Leña” (Pontevedra) coa colaboración de Manuel Otero  “O Percebeiro”. Intervén Rafael Mourelos para introducir as receitas da afamada cociñeira Lola Torres.

 

14.00 -16.00 Pausa Xantar

O restaurante Filigrana, no Hotel A Quinta da Auga  cercano ao CSHG, ofértanos  un menú degustación con un coste por comensal de 38€ (bebidas incluídas). Ver Menú . Reservas directas no Restaurante: 981 53 46 36

Maridaxe "O pan como protagonista na mesa"
 
5 tipoloxías de pan: Pan de Bolla, Pan de Moño, Pan Viaxeiro, Pan Cortado e Pan do Camiño, determinan a base da proposta culinaria do chef Federico López. Un menú maridado de 5 pases resultante dun estudo sensorial realizado por a Cátedra do Pan e do cereal da USC en colaboración con Tastelab, profesionais do ámbito da hostalería e os centros de educación hosteleira.

 

16:00 – 17:00 MESA DEBATE: “O protagonismo da Sala na restauración actual”

Modera: Ángel Benavente – Profesor do departamento de Servizos do CSHG

Formarán a mesa:

-Marta Fernández “O Balado” Boqueixón

-Ana López“ La Molinera” Lalín

-Paco López “Restaurante España” Lugo

-Gabriel Vázquez “Casa Solla” Poio

-Ana Rodríguez “Culler de Pau” O Grove

-Ana Elorza “Koh Lanta” A Coruña

-Marcelino Cambeiro “Parador Hostal do Reis Católicos” Santiago de Compostela

 

17.00 – 18.00 Obradoiro de Cociña III : “EMPANADA”, impartido por Pepe Solla de “Casa Solla” Poio , Lolita García de “Casa Peto” (Outes) e Javier González do “Obrador de Mary” A Coruña. Colabora a Cofraría de Pescadores de Noia.

 

Martes 24 de Abril

VISITA Á ORIXE. OS PRODUTOS COMO PATRIMONIO DA CULTURA GASTRONÓMICA GALEGA

09.30 Saída do Centro Superior de Hostelería de Galicia en autobús (Edificio de Aulas)

10:30-11:30 O Percebeiro (Marín)
Percorrido pola cetárea e a planta de produción de Peixe, da man de Manuel Otero.
 

12:15-13:45 Conservas de Cambados (Ribadumia)
Visita ás instalacións desta conserveira artesanal e degustación de produto.
 

14:00-15:30 Xantar no Pazo Quinteiro de Cruz (Ribadumia)
O cociñeiro Iñaki Bretal do Restaurante “Eirado da Leña” (Pontevedra) ofrecerá un menú de cociña tradicional galega elaborado en base aos peixes e mariscos de “O Percebeiro”, nunha proposta culinaria onde tamén estará representada A Camelia do “Pazo Quinteiro da Cruz”.

15:30-17:00 Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia)
Beatriz Piñeiro convidaranos a coñecer o xardín do Pazo, recentemente declarado “Jardín de Excelencia Internacional” pola “Asociación Mundial de la Camelia” , ademais da visita a súa adega e viñedos.


17:50 Chegada ao Centro Superior de Hostelería de Galicia

CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA
Estrada Santiago-Noia Km.1
A Barcia (Santiago de Compostela)

Arriba