Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Plans de Destinos Turísticos

Os plans de excelencia e dinamización constitúen unha das principais áreas de inversión da Secretaría de Estado dende a súa posta en marcha a principios dos anos 90

  • Plans de Destinos Turísticos
    Plans de Destinos Turísticos

Evolución dos plans de destinos turísticos

As directrices de desenvolvemento nas que se baseou a definición e execución do programa foron evolucionando, de acordo ás necesidades da competitividade turística e aos resultados obtidos polo programa. Estas reorientacións permitiron, ao longo dos anos, cubrir novos obxectivos e retos dos destinos turísticos, conseguindo unha orientación común en todas as comunidades autónomas.

A posta en marcha non ano 1992, pola Secretaría Xeneral de Turismo, do " Plan Marco de Competitividade do Turismo Español (Plan FUTURES) " supuxo un cambio nas prioridades da política turística para orientala decididamente cara á calidade como principal variable da competitividade. Os Plans de Excelencia (PET) consideraban obxectivos xerais capaces de reorientar as estratexias de desenvolvemento das zonas turísticas máis afectadas, cara ao alivio da sobrecarga ambiental e urbanística de cada situación.

No "Estudo sobre os Plans de Excelencia Turística", realizado por encarga da Secretaría Xeral de Turismo en 1996, obsérvase unha valoración de "luces e sombras" na experiencia deses catro anos de funcionamento e postúlase a idea de que estes Plans se adopten como modelo instrumental para outras actuacións. Á vista dos resultados alcanzados na recuperación de zonas turísticas con signos de madureza, os Plans estaban a contribuír a xuntar esforzos e coordinar actuacións complementarias centradas na creación de infraestruturas, e no futuro habería que orientalos cara a "a mellora dos elementos configuradores dun destino e cara á creación de novos produtos". O Estudo resaltaba, ademais, que a participación empresarial nos plans, aínda que fluída, fora moi variable segundo os proxectos obxecto de estudo e que debería intensificarse no futuro, polo que se recomendaba promover actuacións que incidisen directamente "sobre a mellora da calidade ou sobre os recursos humanos que tanto actúan sobre a competitividade do destino".

O "efecto demostración" dos PET, traduciuse no arranque, ese mesmo ano 1996, dos Plans de Dinamización Turística (PDT) destinados a potenciar os recursos turísticos das poboacións dotadas dun importante patrimonio histórico-cultural ou ben de patrimonio natural. Os PDT apuntaban cara á posta en valor e uso turístico dos recursos mediante o deseño de estratexias de comercialización, a integración do tecido empresarial e a explotación innovadora dos recursos sempre en sintonía coa preservación do medio. Os PET convertíanse así en "modelo instrumental para outras actuacións" e a diferenciación entre a dimensión de excelencia e a de dinamización dos Plans rematou supeditada á distinción convencional da mercadotecnia entre destinos maduros/emerxentes ata finalmente esvaecerse.

Sexa como fora, a distinción excelencia / dinamización diluíuse no período mesmo da realización dos Plans (1993-2004) porque entre outras razóns, as actuacións destes melloraron as infraestruturas de uso turístico, corrixiron o gap ambiental dos ámbitos, diversificaron a oferta complementaria nos destinos clásicos de sol e praia e xeraron novos produtos en toda a gama do turismo deportivo e activo, do turismo cultural e de eventos e do turismo de negocios.

A nova denominación do programa de actuación en destinos turísticos configurábase baixo o termo xenérico de Plans de Dinamización de Produto Turístico. Esta orientación cara a produto pretende axudar aos destinos e aos axentes implicados a ofrecer aos turistas a oportunidade de gozar de experiencias moi diversas en cada un deles, coas garantías de calidade e seguridade que demandan. Os Plans de Dinamización do Produto turístico baséanse no desenvolvemento de calquera tipo de produto turístico. Coa aplicación deste novo enfoque pretendeuse aproveitar o gran potencial dos destinos como xeradores de produto turístico (cultural, natureza, urbano, sol e praia...) e evidenciar, mediante a súa conseguinte comercialización e promoción, unha visión de España como destino turístico de calidade, formado por un conxunto plural de destino con valores e identidades propios.

O Plan do Turismo Español Horizonte 2020 establece como meta lograr no ano 2020 que o Sistema Turístico español sexa o máis competitivo e sostible, achegando o máximo benestar social. O devandito plan revisa en profundidade o modelo turístico español e define novas estratexias de actuación co propósito de que o noso país manteña e, mesmo, reforce a súa posición de liderado internacional. A posta en marcha deste plan require a revisión ou desenvolvemento dos instrumentos axeitados. Neste sentido o PLAN 0812, que adapta e amplía os programas da Secretaría de Estado de Turismo, contempla a revisión dos plans de Dinamización de Produtos Turísticos. Sendo este un dos principais programas de investimento, debe incorporar todas aquelas orientacións estratéxicas consideradas no plan, nos seus diferentes apartados.

As directrices prioritarias a ter en conta son aquelas relacionadas cos produtos e os destinos turísticos. Neste sentido establécense os Plans de Competitividade de Zonas ou Bisbarras de alto potencial turístico e os Plans de Competitividade de Destinos Turísticos de Proxección Internacional

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba