Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Plan de enogastronomía de Galicia

  • Enogastronomía de Galicia
    Enogastronomía de Galicia

O turismo enogastronómico posúe un enorme potencial en Galicia á vista dos seguintes datos:

  • En Galicia podemos contar coa maior variedade de produtos do mar do mundo e somos o primeiro produtor e consumidor español de peixe.
  • A nosa gastronomía conta con 5 Denominacións de Orixe Vitivinícolas Protexidas.
  • En Galicia existen 841 industrias agroalimentarias: adegas de augardentes e licores, industrias cárnicas e exquisitos queixos. Contamos con 5 Rutas do Viño, que teñen 108 adegas visitables.
  • En Galicia hai 10 restaurantes con Estrella Michelín e 18 distinguidos con Soles Repsol.
  • Contabilízanse máis de 300 festas gastronómicas que impulsan o sector turístico e promocionan os produtos con indicación de calidade.
  • A gastronomía é a segunda motivación despois da natureza que fai que os turistas elixan a nosa comunidade como destino.

Tendo en conta estas realidades, este proxecto ten como obxecto fundamental definir as estratexias e accións que impulsen o produto gastronómico e o enoturismo en Galicia.

Para a realización deste Plan analizouse todo o potencial turístico da gastronomía e os viños, o territorio galego e a súa realidade, así coma todas as oportunidades que brinda o mercado.

O documento está estruturado nos seguintes apartados:

  1. Contextualización do Turismo Gastronómico en Galicia onde se detallan os precedentes en esta tipoloxía de turismo anteriores a este plan director.
  2. Obxectivo do plan. O principal obxectivo é o de impulsar a competitividade do turismo enogastronómico en Galicia, desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados na identidade do territorio e vinculados á súa tradición culinaria.
  3. Análise da Situación Interna. Examínase a realidade turística dos produtos enogastronómicos que subyacen no territorio así coma a complementariedade do produto turístico enogastronómico con outros produtos turísticos coma o turismo cultural, o turismo relixioso ou o turismo de reunións entre outros.
  4. Análise da Situación Externa, a cal se estrutura en catro grandes bloques:
    1. Análise da demanda
    2. Análise da competencia
    3. Estudio de tendencias
    4. Análise da imaxe e do posicionamento da marca: Galicia, gárdasme o segredo
  5. D.A.F.O.:
    1. Análise das fortalezas e debilidades da planificación e xestión, do destino turístico e do produto turístico.
    2. Análise das oportunidades e ameazas da imaxe e posicionamento e do análise externo.
  6. Visión Estratéxica que se podería concretar en facer de Galicia un destino enogastronómico atractivo e de gran calidade, que conte cunha gama de servizos e produtos turísticos experienciais ligados á súa propia identidade e á singularidade da súa gastronomía e viños, asegurando a súa satisfacción dos turistas que o elixen, tanto se veñen cunha motivación exclusivamente gastronómica, como se veñen con outras motivacións. Os obxectivos estratéxicos que se desenvolven son:
    1. Crear produtos turísticos gastronómicos baseados nos principais recursos endóxenos que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico de todos os territorios, fomentando a economía local e o equilibrio territorial.
    2. Crear servizos, actividades e eventos turístico- gastronómicos competitivos e de alta calidade que actúen como atractores do conxunto da oferta.
    3. Fomentar o desenvolvemento de actividades e experiencias innovadoras e singulares que contribúan ao posicionamento de Galicia como destino gastronómico.
    4. Xerar novas alternativas económicas para os sectores primario e secundario, mediante o desenvolvemento da súa actividade turística.
    5. Incrementar os fluxos de turistas atraídos pola oferta enogastronómica en Galicia e facilitar o consumo do produto turístico gastronómico dos turistas que elixan Galicia con outras motivacións.
    6. Promocionar os recursos e produtos endóxenos galegos.
    7. Establecer sinerxias entre a oferta de Turismo Enogastronómico e as campañas de promoción de Galicia (Gárdasme o segredo‏)
  7. Organización e Xestión dos Destinos, Produtos Temáticos, Servizos e Experiencias Enogastronómicas. Elabóranse os criterios que deben seguirse para acadar éxito na posta en marcha do produto turístico.
  8. Eixos Estratéxicos, os cales se estruturan nos seguintes:
    1. Eixo 1 – Organización e implementación do Plan Director.
    2. Eixo 2 – Impulso de destinos enogastronómicos.
    3. Eixo 3 – Desenvolvemento de produtos turísticos enogastronómicos
    4. Eixo 4 – Marketing enogastronómico.
    5. Eixo 5 – Formación, calidade e innovación

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba