Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Termared

O obxectivo deste proxecto é contribuir á consolidación do sector termal como un sector competitivo, cunha xestión da oferta de turismo termal diferenciada e de excelencia, impulsando o desenvolvemento deste sector no territorio do Suroeste Europeo

  • Termared
    Termared

Preténdese que este desenvolvemento estea baseado na calidade e aproveitamento de todas as potencialidades do sector, ao mesmo tempo que sexa respectuoso co medio natural, cultural e social, en base a unha estratexia de desenvolvemento turístico sustentable.

O proxecto TERMARED baséase na creación e desenvolvemento dunha rede temática de cooperación transnacional de carácter interdisciplinario e orientada a xerar, intercambiar e transferir innovación e coñecementos no sector termal. O proxecto parte, nunha primeira fase, dunha serie de accións para a preparación dos recursos humanos e materiais que posibiliten á rede constituírse e desenvolver a súa actividade, co obxectivo de articular os servizos necesarios que leven un crecemento óptimo do sector termal. Unha vez constituída, a rede estudará, nun primeiro momento, as fontes e mananciais de auga mineromedicinal existentes e identificará as necesidades que presenta o sector, dando a coñecer as potencialidades dos recursos endóxenos dentro da propia rede de cooperación.

Así mesmo, potenciarase e reforzará o capital humano, mellorando a calidade formativa dos profesionais vinculados ao sector, e facilitarase a transferencia de coñecementos e experiencias a través do intercambio de profesionais, o que reforza, ao mesmo tempo, a cooperación. Finalmente, a rede elaborará un catálogo de recursos mineiro-medicinais do Espazo SUDOE e o prototipo "Eau Thermale Version 2", unha ferramenta técnica e científica desenvolvida para o control do risco sanitario nos establecementos termais.

Nunha última fase do proxecto, perséguese trasladar os resultados das investigacións ás empresas do sector para conseguir a diversificación dos servizos e produtos. Para iso, levarán a cabo actividades como a elaboración dunha Carta branca do termalismo, a celebración dun congreso internacional ou o desenvolvemento da ferramenta "Web termal 2.0".

Os produtos que o proxecto elaborará son:

  • Elaboración dun catálogo que conteña unha compilación de recursos mineiro-medicinais do espazo SUDOE completa, unha análise física-químico e microbiolóxico, unha descrición das características ambientais e histórico-patrimoniais da contorna e unha avaliación das propiedades terapéuticas.
  • Elaboración do Prototipo Eau Thermale Version 2, desenvolvido polo Institut du Thermalisme. Trátase dunha ferramenta técnica e científica desenvolvida para o control do risco sanitario nos establecementos termais.
  • Celebración dun seminario Itinerante para o intercambio de profesionais e dun congreso internacional para a difusión de resultados.
  • Elaboración da Carta branca do termalismo.

Ligazóns relacionadas...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba