Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Chegada a Santiago

Hoxe, cando o viaxeiro, peregrino ou turista, chega a Compostela e alza a vista diante da fachada do Obradoiro, só pode dicir: “Pagou a pena”. Nunca unha frase tan sinxela pode dicir tanto. A cidade de Santiago ofrece un conxunto monumental inigualable. Os seus mosteiros, templos, pazos, rúas antigas e construcións populares típicas, unido ao seu significado espiritual e cultural, merecéronlle a súa inclusión dentro do Patrimonio da Humanidade.

Ampliar

A historia de Santiago comeza a principios do s. IX, cando o bispo de Iria, Teodomiro, comproba o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago nunha aldea, San Fiz de Solovio, que acabaría transformándose na cidade de Compostela. A noticia do descubrimento espállase axiña por toda a cristiandade, ameazada polo perigo das invasións islámicas. Sobre o sepulcro do Apóstolo constrúese unha gran basílica e un continuo fluxo e refluxo de viaxeiros e peregrinos establécese entre Santiago e o resto de Europa. Circula a fe, a cultura, o comercio e a política.

Catro magníficas prazas ábrense diante das catro portas da basílica. A principal recibiu o nome de Obradoiro por ter durante case dez anos, de 1738 a 1747, o obradoiro onde se labraron as pedras da fachada barroca, que levantou o arquitecto galego Fernando de Casas e Novoa en substitución da primitiva románica. As torres alcanzan unha altura de 74 metros. Ao seu costado consérvase o Pazo de Xelmírez, construído no século XII, ao mesmo tempo ca primitiva catedral románica. A residencia dos cóengos, no lado oposto, alberga na actualidade o Museo Catedralicio.

Outros tres edificios, de diversas épocas e estilos, pechan a praza. O Colexio de San Xerome, fundado polo bispo Fonseca, cunha portada románico-oxival. O Pazo de Raxoi, de estilo neoclásico do XVIII, construíuse para seminario de confesores, residencia de nenos de coro da catedral e casa consistorial da cidade. E o Hospital Real, mandado construír polos Reis Católicos para acoller peregrinos e enfermos, é un fermoso exemplar de estilo plateresco, pouco frecuente en Galicia, actualmente convertido en Parador de Turismo.

A praza da Acibechería é a primeira que encontra o viaxeiro ao entrar en Santiago por Camiño Francés. Esta fachada da Catedral era coñecida como Porta do Paraíso, pero no século XVIII foi substituída pola actual, de estilo neoclásico, recibindo o nome de Acibechería. A arte do acibeche, estreitamente ligada á Peregrinación, floreceu en Santiago desde o século XV. Nesta praza estaban os obradoiros e os postos de venda.

No lado oposto, a porta do brazo meridional do cruceiro conserva toda a rica iconografía románica da época gloriosa de Compostela. É a porta das Praterías. Ao seu costado álzase a Torre do Reloxo, ou a Berenguela, de estilo barroco, como os demais edificios que rodean esta praza. Detrás da catedral esténdese a ampla praza da Quintana. A Porta Santa, que dá a esta praza, ábrese só o Ano Santo Compostelán, cando a festa do Apóstolo, 25 de xullo, coincide en domingo.

Os edificios, torres e fachadas, que se foron engadindo ao longo dos séculos, ocultan a gran catedral románica, comezada a construír no ano 1075 por disposición do bispo Diego Peláez. O Pórtico da Gloria, coas súas duascentas figuras marabillosamente talladas, constitúe unha das máis valiosas obras da arte románica universal. A nave principal é un modelo de harmonía, sobriedade e grandiosidade. Na do cruceiro, contemplamos un espectáculo insólito: un xigantesco incensario, o “Botafumeiro”, de metro e medio de altura e cincuenta quilos de peso, oscila de extremo a extremo da nave transversal nas grandes solemnidades. A cerimonia é tan antiga como a vella catedral e está descrita na Guía do Peregrino de Aymeric Picaud do século XII. Na cabeceira, coa fermosa nave que rodea o altar maior na que se abren dez capelas absidais, un recargado altar barroco rodea a imaxe románica do Apóstolo á que se lle dá a ritual aperta. Baixo o altar, áchase a cripta coa arca, onde se conservan os restos mortais de Santiago.

Antes de percorrer a entrañable e suxestiva armazón do núcleo urbano que rodea a catedral, cos seus monumentos relixiosos e civís, recolleremos a “Compostela”, documento que certifica a peregrinación. Só se lles concede aos que documentalmente proban a súa vinda a Santiago a pé ou a cabalo desde máis de 100 quilómetros de distancia, máis de 200 en bicicleta, con espírito de piedade ou inquietude espiritual. Entrégase na Casa do Deán, núm. 1 da Rúa do Vilar, edificio barroco que é tamén lugar de acollida de peregrinos.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba