Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
    Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

    Froito do vento...

  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
    Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

    Froito do vento...

  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
    Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

    Froito do vento...

  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
    Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

    Froito do vento...

Pódeche interesar...

Ver máis
Ría de Muros e Noia

RÍAS E PRAIAS

Ría de Muros e Noia

A ría ofrece innumerables praias, restos arqueolóxicos…

Ría de Arousa

RÍAS E PRAIAS

Ría de Arousa

É a máis extensa das rías de Galicia. Por toda a ría, praias e máis praias…

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Froito do vento...

Corrubedo é o fogar da maior duna de Galicia.

Complexo dunar de Corrubedo
A duna móbil deste espazo aberto entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia resalta polas súas dimensións. Máis dun quilómetro de lonxitude en curvada fronte de avance. Acada nos máis duros meses de inverno os vinte metros de altura . Calcúlase entre os 200 e 250 metros de ancho, aínda que antigamente disque era meirande. Entre a lenda e a fachenda, figura que a finais do século XIX superaba os 60 metros de altura. A barlovento, fronte ao mar, é longa e tendida, coma o lombo dun animal. Derrúbase pola banda de sotavento, cara a terra, e sen vexetación que a conteña avanza pola chaira a unha velocidade de dous ou tres centímetros cada ano.

A omnipresencia da raíña do parque non debe facernos esquecer os outros atractivos que a acompañan: dúas lagoas, unha de auga salgada e outra doce, con extensas brañas asociadas e zonas húmidas de importancia internacional.

Vixán, a lagoa doce, aliméntase das augas do modesto regato do Muíño suxeito a oscilacións de caudal estacionais. Carregal, a salobre, comunícase co océano dividindo en dous a longa praia fronte aos cons denominados Pedras da Ferreira. É esta canle do mar pola que circulan as mareas un dos puntos centrais do complexo Corrubedo. Nos tremedais latexa o pulso da vida e neles afinca o parque a súa elevada riqueza ecolóxica en apenas mil hectáreas de extensión total.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba