rutanomeKmdificultade
R1Ruta das CARBALLEIRAS
13 KmDificultade azúl
R2Ruta de VALMEDO21 KmDificultade vermella
R3Conexión RIÓS-BARXA28,7 KmDificultade vermella
R4Ruta de PENA MASEIRA44 KmDificultade negra
R5Ruta dos TRES REINOS23,3 KmDificultade vermella
R6Ruta Os CASTROS22,4 KmDificultade azul
R7Conexión A GUDIÑA-ENTRECINSA19,3 KmDificultade negra
R8Ruta do VAL DO RÍO CONSO18,9 KmDificultade vermella
R9Ruta do ENCORO DO VAO7,8 KmDificultade azul
R10Conexión VILARIÑO DE CONSO-VIANA DO BOLO16 kmDificultade vermella
R11Ruta AS TELLEIRAS12 kmDificultade azul
R12Ruta A ESCRITA17,8 kmDificultade vermella

 

Posibilidade de visualizar os datos das distintas rutas no ordenador e no GPS a través dos ficheiros GPX e KMZ. As coordenadas GPX son ficheiros de intercambio de datos entre GPS's e necesitan dun programa adecuado ao seu GPS para poder importalos. As coordenadas KMZ son ficheiros con datos xeográficos que necesitan do programa gratuíto Google Earth para poder visualizalos.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R1 - Ruta das Carballeiras

R1

Ruta circular arredor do Centro de Interpretación da Castaña, antiga casa reitoral de Trasestrada.

A ruta comeza no Centro de Interpretación da Castaña no lugar da Eirexa (Trasestrada), antiga casa reitoral rehabilitada e punto de información do centro BTT, que alén disto alberga unha completa exposición sobre a castaña, protagonista da gastronomía na zona, da actividade económica do concello e da paisaxe deste percorrido. Nada máis comezar o itinerario encóntrase a igrexa parroquial de Santo Estevo, a partir de aquí a ruta alterna tramos de estrada comarcal e pistas forestais que se dirixen cara a San Cristovo, para continuar ata Riós por un camiño entre campos de cultivo e soutos. Unha vez en Riós, capital municipal, pódese visitar a igrexa parroquial de Santa María, de estilo barroco. Desde o centro de Riós, e compartindo un tramo da ruta 2, “Ruta de Valmedo” continúase en dirección norte por unha pista de terra que se dirixe cara ás Vendas da Barreira, onde se pode facer un alto no camiño para coñecer a capela de San Mauro e a pía bautismal situada no exterior do edificio. Unha vez deixado atrás este núcleo, a ruta transita durante uns quilómetros polo Camiño de Santiago do Sueste (Vía da Prata), ata que se separa deste no lugar coñecido como bosque das Mallas para continuar cara a Domiz e finalmente regresar ao punto de inicio da ruta.

SaídaCentro de Interpretación da Castaña (Riós).
X= 41º59.901´N Y= 007º18.671´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
889324mDificultade fácil2,3
ChegadaCentro de Interpretación da Castaña (Riós).
X= 41º59.901´N Y= 007º18.671´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
75415,9%13 Km1h 30´36

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R2 - Ruta de Valmedo

R2

Unha oportunidade de coñecer a contorna do Concello de Riós compartindo varios tramos do Camiño de Santiago do Sueste (Vía da Prata).

Partindo desde Riós, esta ruta comparte o seu tramo inicial coa ruta 1, “Ruta das Carballeiras” ata a aldea das Vendas da Barreira. Neste primeiro treito haberá que percorrer con precaución uns 150 metros de estrada nacional ata coller o desvío cara a Trancoso e As Porqueiras. Despois de pedalear a través dunha mesta carballeira en compaña do río Mente, cóllese unha pista forestal cara á ermida da Virxe dos Remedios. Polo camiño contémplase unha panorámica da Serra da Urdiñeira, un espazo de gran valor arqueolóxico e natural. A ruta avanza cara ao lugar coñecido como Os Caborcos dos Infernos, onde comeza un rápido descenso ata encontrar novamente o río Mente. Tras pasar por debaixo de dous espectaculares viadutos alcánzase o núcleo de Atallo do Mente. Unha vez cruzado o río e en paralelo á autovía chégase ao Navallo, onde se pode visitar a igrexa de San Vicente. Desde este punto a ruta diríxese cara ás zonas do Fragoso e O Cabezo, para compartir parte do trazado do Camiño de Santiago do Sueste (Vía da Prata) e regresar a Riós.

ruta de VALMEDO
SaídaCentro de Saúde (Riós)
X= 41ª58.542´N Y= 007º16.921¨W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
876697 mDificultade dificil 1
ChegadaCentro de Saúde (Riós)
X= 41ª58.542´N Y= 007º16.921¨W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
66417 %21 Km2h 30´93

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R3 - Conexión Riós-Barxa

R3

Unha ruta esixente para ciclistas expertos con grandes desniveis e zonas técnicas que atravesa o Val do Río Marcelín ata alcanzar a aldea de Barxa.

Desde Riós, esta conexión atravesa o val do río Marcelín ata a aldea de Santa Baia, seguindo polo lugar de San Paio onde comeza un pequeno ascenso ata Castrelo de Abaixo. Este espazo fronteirizo onde se unen os ríos Mente e Arzoá, próximo ao Parque Natural de Montesinho (Portugal) e corazón de Trambolosríos, posúe un gran valor ecolóxico de influencia mediterránea con especies únicas en Galicia. En Castrelo de Abaixo o camiño comeza a descender ata chegar á Veiga do Seixo, pedaleando en paralelo ao límite fronteirizo. Tras cruzar o río Mente en A Ponte de Veiga, iníciase unha subida bastante técnica que recompensará ao ciclista cun rápido descenso cara ás Forcadas e a atalaia natural da Curva do Cepillo. Desde aquí pódese contemplar unha espectacular panorámica da fronteira con Portugal, Pena Maseira e, ao fondo, Barxa, destino final desta ruta. En Barxa non hai que deixar de visitar a capela de San Xoán e os Muíños de Cachón.

SaídaCentro de Saúde (Riós)
X= 41ª58.542´N Y= 007º16.921´W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
8391003 mDificultade dificil 4
ChegadaBarxa (A Gudiña)
X= 41º59.571´N Y= 007º10.593´W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
58321,4 %28,7 Km3h122

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R4 - Ruta de Pena Maseira

R4

A ruta máis esixente e dura do Centro BTT que percorre a contorna da Gudiña a través de Pena Maseira. Visita o veciño Concello da Mezquita permitindo o enlace coas rutas 5 e 6.

Este gran percorrido circular amosa a biodiversidade do concello da Gudiña a través dun corredor natural que atravesa Pena Maseira, entre o Macizo Central Ourensán e o Parque Natural de Montesinho en Portugal. Nos seus primeiros quilómetros a ruta diríxese cara á praia fluvial da Ribeira, para continuar entre castiñeiros ata alcanzar a aldea de Pentes, onde sorprende a presenza dun castiñeiro centenario de grandes dimensións. Continuando polo mesmo val, á altura de Covelas, un desvío fóra de ruta achéganos a Monte furado, unha perforación realizada na aba da montaña para desviar o río Pentes, xunto a unhas antigas minas de volframio e o Muíño das Canteiras. En Barxa, en dirección á zona coñecida como Os Covatos, atravésase o río San Lourenzo por un pasal onde cumprirá baixarse da bicicleta para poder avanzar. Na contorna de Pena Maseira, nas Salgueiras, pódese gozar dun espazo virxe de pasteiros e bosques autóctonos. Tras alcanzar a capital do concello da Mezquita compártese trazado coa ruta 5, “Ruta dos Castros” ata O Pereiro, onde se volven separar ambas as rutas. Tras rodar coa bicicleta por un treito do Camiño de Santiago do Sueste (Vía da Prata) ata O Canizo, regrésase á Gudiña por unha pista paralela á estrada nacional.

SaídaCasa da Viúva (A Gudiña)
X= 42º 03.634´N Y= 007º08.433´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
1078997 mDificultade moi dificil 5,6
ChegadaCasa da Viúva (A Gudiña)
X= 42º 03.634´N Y= 007º08.433´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
63720,6 %44 Km4h 45´115

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R5 - Ruta dos Tres Reinos

R5

Esta ruta circular que parte do concello da Mezquita ofrece a oportunidade de visitar o Penedo dou Tres Reinos, límite fronteirizo entre Galicia, Portugal e Castela e León.

Esta ruta permite visitar o Penedo dos Tres Reinos, unha elevación montañosa que marca o límite fronteirizo entre Galicia, Portugal, e Castela-León. Tamén é coñecido por ser lugar de paso da Ruta da Pana, unha ruta utilizada polos contrabandistas que levaban esta materia prima téxtil desde Portugal ata o concello da Rúa, onde era cargada no tren ata Barcelona para ser manufacturado y exportado ao Reino Unido. Nos primeiros quilómetros de ruta recoméndase unha paraxe en Chaguazoso para visitar a súa igrexa. Tras abandonar o núcleo de Manzalvos, a pouco máis de dous quilómetros, un desvío fóra de ruta sinala a localización do Penedo dos Tres Reinos. Tras retomar a ruta orixinal e atravesar Cádavos, continúase en dirección a Santigoso compartindo o último tramo que dá acceso á Mezquita coa ruta 6, “Ruta dos Castros”.

SaídaCasa do Concello (A Mezquita)
x= 42º02.245´N Y= 007ª00.877´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
1042475 mDificultade dificil 6
ChegadaCasa do Concello (A Mezquita)
x= 42º02.245´N Y= 007ª00.877´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
94711,7 %23,3 km2h 30´ h39

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R6 - Ruta Os Castros

R6

Única ruta situada en Vilavella que permite visitar o Alto da Canda, na fronteira con Castela e León e o Alto do Castelo.

Este percorrido ciclista ascende no seu primeiro tramo cara a Portela da Canda, límite entre as provincias de Zamora e Ourense. Un desvío fóra de ruta permite visitar o Alto do Castelo, onde se pode gozar dunha bela panorámica desde os restos dun antigo castro sen escavar. Tras enlazar coa ruta 5 “Ruta dos Tres Reinos”, continúase descendendo cara á aldea de Santigoso onde se recomenda visitar a igrexa de San Simón. Moi preto da Mezquita pódese enlazar coa ruta 4, “Ruta de Pena Maseira” en dirección á Gudiña ou continuar o percorrido orixinal da ruta 6 por un camiño de terra en dirección norte que se dirixe cara ao Pereiro. No límite deste concello haberá que se desviar por unha senda á dereita que circula paralela ao río Pereiro e que devolve o ciclista á igrexa da Vilavella.

SaídaIgrexa da Vilavella.
x= 42º00.794´N Y=007º02.717´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
1342759 mDificultade dificil 4,5
ChegadaIgrexa da Vilavella.
x= 42º00.794´N Y=007º02.717´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
94122,7 %22,4 km2h 30´ h97

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R7 - Conexión A Gudiña-Entrecinsa

R7

A ruta que conecta os dous núcleos do Centro BTT atravesando o Encoro das Portas.

Agárdalle ao ciclista un percorrido espectacular con certa dificultade técnica debido aos desniveis nalgúns tramos, onde o esforzo será recompensado con algunhas das mellores panorámicas do Parque Natural do Invernadeiro e o encoro das Portas. Tras abandonar o centro urbano da Gudiña, a través da estrada cara a Val da Porca, cóllese unha pista forestal en dirección á Venda do Espiño para posteriormente continuar cara a Carracedo da Serra. Despois de coroar o Alto das Portas recoméndase facer unha pequena paraxe para recuperar forzas e gozar deste miradoiro natural antes de iniciar un espectacular descenso que finaliza na propia base do encoro. Un breve ascenso pola estrada que une A Gudiña con Vilariño de Conso, permite que o ciclista alcance a aldea de Casarellos, final da conexión. Desde aquí, a opción máis recomendada é seguir as indicacións da ruta 8, “Ruta Val do Río Conso” no seu descenso cara a Entrecinsa. Os últimos quilómetros transcorren polo Camiño da Veiga Cibeira, paralelo ao río Conso, ata acadar a Casa do Concello de Vilariño de Conso.

SaídaCasa da Viúva (A Gudiña)
X= 42º 03.634´N Y= 007º08.433´W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
1116601 mDificultade moi dificil 8
ChegadaCasarellos. Entrecinsa (Vilariño de Conso)
X= 42ª07.665´N Y= 007º12.335´W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
77714,4 %19,3 km2h 30´ h68

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R8 - Ruta do Val do Río Conso

R8

Ruta circular de gran beleza con visita obrigada á aldea pintoresca de Hedrada.

Magnífica ruta que percorre o val do río Conso e que combina á perfección a paixón pola bicicleta de montaña co pracer de descubrir unha paisaxe virxe e autóctona. Tras alcanzar a aldea de Soutelo e descender por un souto ata a ribeira do río Pentes accédese á aldea de Soutogrande. Este lugar é recoñecido pola presenza do Castiñeiro da Corredoira, un dos maiores de Galicia. En Sabuguido non hai que deixar de visitar a igrexa de Santa María, unha das mellores mostras arquitectónicas do territorio. Seguindo un antigo camiño empedrado que percorre parte da senda coñecida como “Ruta de Sabuguido”, á altura do encoro de Hedrada está sinalizado un desvío fóra de ruta que finaliza na aldea do mesmo nome. Esta aldea pintoresca, de visita obrigada, conta con varios lugares de interese como a capela de San Xoán e a fervenza de Hedrada. Á altura do encoro a ruta prosegue por unha estrada con pouco tránsito en dirección a Casarellos ata atinxir Entrecinsa, onde, en paralelo ao río Conso, se recorren os últimos quilómetros de regreso a Vilariño de Conso.

SaídaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
956787 mDificultade moi dificil sen conexión
ChegadaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
66124,4 %18,9 km2h90

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R9 - Ruta do Encoro do Vao

R9

A ruta máis curta do Centro BTT moi sinxela e apta para todos os niveis que rodea o Encoro do Vao dende o Concello de Vilariño de Conso.

Co encoro do Vao como protagonista, todos os afeccionados á BTT poden gozar dun percorrido variado cuxa única dificultade está no ascenso á aldea de Conso por unha pista de formigón. A senda homologada P.R.G.-118 “Ruta dos Soutos” foi aproveitada en parte para o deseño desta ruta, polo que haberá que prestar atención á presenza de sendeiristas e respectar as normas de circulación. Na aldea de Conso sitúase o Pazo de Conso, exemplo das casas tradicionais galegas de carácter señorial. Desde este punto continúase en dirección á Vesada para cruzar o encoro do Vao pola ponte de Santa Mariña. Nesta encrucillada pódense seguir os sinais da ruta 10 da conexión con Viana do Bolo ou ben regresar a Vilariño de Conso facendo unha última parada obrigada na praia fluvial do río Cenza, moi preto do final da ruta.

SaídaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
772244 mDificultade facil 10
ChegadaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
65121,7 %7,8 km1h29

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R10 - Conexión Vilariño de Conso-Viana do Bolo

R10

Ruta que percorre de sur a norte parte do Encoro do Vao para conectar os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Un percorrido espectacular que comparte os seus primeiros quilómetros coa ruta 9, “Ruta do Encoro do Vao”, pedaleando a través das dúas beiras deste encoro que baña o territorio coñecido como “Terras do Bolo”. Tras cruzar a ponte de Santa Mariña esta ruta continúa en dirección norte ata alcanzar O Lombo e O Campo Vello. En Quintela do Pando pódese visitar a igrexa de Santa Isabel e gozar das panorámicas do Alto da Chavea. Tras atravesar a ponte que une os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, existe a posibilidade de conectar a ruta 11 do Centro BTT, “Ruta As Telleiras”, ou ben realizar os últimos quilómetros pola estrada que atravesa a localidade ata chegar á Casa da Cultura onde se localiza o punto de acollida.

SaídaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
900633 mDificultade Dificil9,10
ChegadaCasa da Cultura (Viana do Bolo)
X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
64123,7 %16 km1h 40´81

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R11 - Ruta As Telleiras

R11

Circular a través do Encoro do Vao na contorna de Viana do Bolo para ciclistas de todos os niveis. Recoméndase unha visita ás Medulas de Caldesiños.

Ruta circular ideal para os usuarios que se estean a iniciar na BTT, dado que é unha das rutas máis curtas cun trazado tecnicamente doado e que permite gozar dun contorno agradable. Nos seus primeiros metros percorre o centro da vila pasando pola Praza Maior e pola antiga fortaleza onde sobresae a torre da homenaxe que actualmente acolle o Museo Etnográfico das Terras de Viana. Tras cruzar a ponte da estrada cara a Vilariño de Conso e percorrer algúns metros, haberá que prestar atención para coller á esquerda a pista que bordea o encoro. Gozando dun agradable paseo, crúzase o encoro a través da ponte de Sanxez. Neste punto existe a posibilidade de continuar a ruta ou ben seguir as indicacións do desvío fóra de ruta cara ás Médulas de Caldesiños. Estas antigas explotacións romanas deron orixe á existencia de varias telleiras, antigos fornos onde se cocían tellas co barro extraído das Médulas, cuxos restos aínda son apreciables. Para regresar a Viana do Bolo desde a ponte, será necesario percorrer un quilómetro da estrada xeral ata se desviar en dirección ao miradoiro de San Cibrao e gozar dunha fermosa panorámica da vila antes de regresar ao punto de acollida na Casa da Cultura.

SaídaCasa da Cultura (Viana do Bolo)
X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
749427 mDificultade Facilsen conexión
ChegadaCasa da Cultura (Viana do Bolo)
X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
64623,2 %12 km1h 30´50

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R12 - Ruta A Escrita

R12

Unha ruta circular de nivel medio que permite visitar parte das coñecidas como "Terras do Bolo".

Unha ruta para ciclistas avanzados que en dirección norte percorre algúns dos núcleos máis característicos das Terras do Bolo como Hedroso, Tabazoa de Hedroso e Mourisca. Ademais, desde o Alto da Escrita poderase contemplar unha gran panorámica de Viana do Bolo amosando a súa pintoresca localización rodeada polo encoro do Vao e coroado polos restos da antiga fortaleza medieval. A ruta percorre os seus primeiros quilómetros en dirección cara á parroquia de Punxeiro, para se dirixir cara á capela de San Román en Hedroso. Desde este punto toca pedalear por unha pista a través da zona coñecida como As Devesas ata alcanzar o núcleo de Tabazoa de Hedroso, poboación dividida en dous barrios, Barrio de Riba e Barrio de Baixo. Tras atinxir o cumio do Alto da Escrita, unha pista entre campos de cultivo pegada á beira do encoro regresa ao centro da vila onde se recomenda visitar a Torre da Homenaxe e a Praza Maior antes de regresar ao punto de acollida na Casa da Cultura.

SaídaCasa da Cultura (Viana do Bolo)
X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
1002546 mDificultade Dificil11
ChegadaCasa da Cultura (Viana do Bolo)
X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice IBP
65316,4 %17,8 km2h 15´75

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!