Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Áreas de turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Na Costa da Morte...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Costa da Morte

O seu perfil agreste e a forza do océano salpicaron as súas costas con naufraxios e traxedias así como cos que, seica, son os mellores percebes do mundo. Entre outras localidades destacamos Malpica, Muxía, Camariñas ou Fisterra onde, segundo os romanos, remataba o mundo coñecido.

Ampliar
  • Faro das Illas Sisargas

    Faro das Illas Sisargas

    O faro está no cumio da illa Grande, ao carón do antigo faro e a casa mariñeira da Serea, luceu por primeira vez na noite do 29 de xuño de 1853...

  • Faro de Punta Nariga

    Faro de Punta Nariga

    Situado na aldea de Barizo, trátase do último faro construído en España, ideado polo arquitecto César Portela...

  • Aldea de Corme

    Aldea de Corme

    A vila mariñeira de Corme ofrece ao visitante o especial encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co mar. Esta localidade, a través das súas rúas estreitas e as súas casas de vistosas cores, exemplifica á perfección a personalidade da Costa da Morte...

  • Faro de Punta Roncudo

    Faro de Punta Roncudo

    A pouca distancia do núcleo de poboación encóntrase o Cabo do Roncudo. Debe o seu nome ao rouco son producido polas ondas ao se estrelaren contra as rochas...

por páxina
Caseta de Pepe do Cuco

Caseta de Pepe do Cuco

Esta caseta tradicional de mariñeiros aloxa unha pequena exposición sobre a historia do porto, artes de pesca, de marisqueo e embarcacións tradicionais e conta co único encascadoiro que se pode visitar na actualidade en toda a Galicia (lugar onde se pisa a casca para obter a tinta que protexe as redes).
Reserve en: Caseta de Pepe do Cuco
Castillo de San Carlos  (Museo del Mar)

Museo da Pesca – Castelo de San Carlos

O Museo da Pesca está situado no castelo de San Carlos (s. XVIII). Conta con paneis explicativos sobre a pesca en Galicia, a caza de baleas, os naufraxios da Costa da Morte, a chegada da conserva, embarcacións tradicionais, refráns e supersticións mariñeiras. Ofrece visitas guiadas a grupos explicando as artes de pesca máis típicas e os aparellos máis tradicionais. 
Reserve en: Castillo de San Carlos (Museo del Mar)
Cruceros Fisterra.com

Cruceiro na fin do mundo

Ruta diúrna: Enrolate nunha auténtica aventura. O Cabo Fisterra, cos seus 3 km de terra intérnase no mar e dende a embarcación podemos apreciar a grandiosidade do seu contorno. Sente a maxia do lugar o mesmo que os orixinarios celtas, que rendían o seu culto ao sol en punto do cabo chamado o Ara Solís, lugar tamén mítico para os peregrinos do Medievo, que non daban por rematado o camiño ata chegar ao Finis Terrae. Continua a navegación cara á illa Lobeira cuxo faro aínda funciona coa primitiva técnica de lanterna de acetileno, as praias de Langosteira e de Estorde, o faro de Fisterra e os lendarios castelos de Corcubión e Ameixenda. Ruta ao solpor: Embarcamos no porto de Fisterra, con vistas á praia de Langosteira e a praia da Serra. Bordeando a rochosa costa coas súas pequenas calas chegamos á praia do Sardiñeiro. Neste momento, o sol cae por detrás dos montes e o día parece ter chegado á súa fin. O barco continúa a súa ruta pola praia de Estorde, ata chegar ao punto en que se divisan ao lonxe Corcubión e Cee, poñendo proa cara ao faro de Fisterra para bordealo. De pronto, o sol aparece en plena posta tintando o ceo de vermello e a serea do barco soa en medio do océano saudando os peregrinos que observan o fenómeno dendeo faro.
Reserve en: Cruceros Fisterra.com
Centro de Interpretación dos Naufraxios, Faros e Sinais Marítimos da Costa da Morte

Centro de Interpretación dos Naufraxios, Faros e Sinais Marítimos da Costa da Morte

Ubicado nun dos principais faros da costa galega, o faro de cabo Vilán, ofrece información sobre os faros e sinais marítimos da Costa da Morte a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores e unha simulación dun percorrido polo interior da torre do faro.
Reserve en: Centro de Interpretación dos Naufraxios, Faros e Sinais Marítimos da Costa da Morte
Museo Urbano Lugris

Museo Urbano Lugrís

Localizado na Casa do Pescador de Malpica, expón murais do pintor Urbano Lugrís que representan escenas e motivos mariñeiros. Destaca o monumento aos baleeiros situado na súa entrada.
Reserve en: Museo Urbano Lugris
Museo do Alemán de Camelle

Museo do Alemán de Camelle

Este espazo na costa converteuse nun orixinal museo ao aire libre creado por un peculiar alemán chamado Man, que chegou a Camelle hai máis de trinta anos. En Camelle creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra. 
Reserve en: Museo do Alemán de Camelle
Asociación profesional de redeiras O Fieital

Redeiras

As redeiras ensinaranche a confección, montaxe e arranxo de artes de pesca como o erco, o palangre e outras artes menores. Poderás realizar visitas guiadas polas instalacións do peirao dividido en dúas zonas: no peirao norte está a lonxa e a fábrica de xeo entre outras instalacións; no peirao sur atópanse a nave de redes e as casetas dos mariñeiros. Tamén aprenderás  a elaborar pulseiras e colares de fío.
Reserve en: Asociación profesional de redeiras O Fieital
Confraría de pescadores

Fisterra, pescando onde o solpor: Visita á lonxa.

 A confraría ofrece unha visita á lonxa turística de Fisterra, para ver as capturas do día e vivir a poxa do peixe.
Reserve en: Confraría de pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
Confraría de pescadores

Fisterra, pescando onde o solpor: Roteiro guiado

A confraría ofrece a realización de roteiros guiados desde o museo de pesca ata a lonxa, con visita as casetas de armadores ou ao peirao, entre outras.
Reserve en: Confraría de pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
Confraría de pescadores

Fisterra, pescando onde o solpor: Visita ao Museo de Pesca

Visita ao Museo da Pesca instalado no Castelo de San Carlos. Na exposición do museo poderemos facer un percorrido polo mundo da pesca en Galicia ata os nosos días. A través deste percorrido descóbrese a importancia que tivo esta actividade no desenvolvemento das aldeas e pobos costeiros galegos ao longo do tempo, coñecéndose e  valorándose mellor o rico patrimonio cultural e etnográfico que se xerou arredor da explotación dos recursos mariños da nosa costa.
Reserve en: Confraría de pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba