Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

De Galicia
ao ceo

O 20 de marzo un aliñamento da Lúa, o Sol e a Terra, que se producirá entre as 9 e as 10 da mañá, provocará que o noso satélite escureza case por completo ao astro rei.

Galicia será o mellor punto de España para gozar desa experiencia

Inicio > Promocións > Engadir á "Miña viaxe"

Xa os romanos que chegaron a Galicia deixáronse marabillar polo espectáculo ofrecido polo Sol ardente desaparecendo no horizonte do océano, fin da terra coñecida.

Desde entón, viaxeiros de todo o mundo achéganse a gozar da nosa natureza e o noso patrimonio cultural, ou elixen seguir as pegadas de millóns de peregrinos que se deixan guiar polas estrelas da Vía Láctea no seu Camiño cara á tumba do Apóstolo Santiago.

Eclipse

Ampliar
O cosmos marcou a historia da nosa terra desde os seus inicios, e no calendario do ano 2015 hai un día marcado por un acontecemento excepcional. O día 20 de marzo, un aliñamento da Lúa, o Sol e a Terra, que se producirá entre as 9 e as 11 da mañá, provocará que o noso satélite escureza case por completo ao astro rei. Galicia será o mellor punto de España para gozar desa experiencia.
 
Protección

Dirixe a túa mirada cara ao leste, e goza connosco do espectáculo, sen esquecer protexer correctamente os teus ollos da luz do Sol. O Clúster Turismo de Galicia colabora a través dos seus establecementos asociados, próximos aos lugares de avistamento recomendados, que poñerán a disposición dos seus clientes os filtros homologados para a óptima visualización do fenómeno.

Máis información, no teléfono: 881 247 436.

 

 

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba