Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Rutas turísticas > Ruta de Betanzos a Ortigueira > Engadir á "Miña viaxe"
Ferrolterra

XEODESTINO

Ferrolterra

Xeodestino que agrupa municipios coma Ares, Mugardos, Cedeira, Ortigueira...

Fragas do Eume

NATUREZA

Fragas do Eume

Bosque mixto de frondosas considerado un dos máis extensos da Galicia litoral...

Estaca de Bares

NATUREZA

Estaca de Bares

Internándose no mar para separar as augas do Atlántico das do Cantábrico...

Ruta de Betanzos a Ortigueira...

Descrición

Este percorrido entre as vilas de Betanzos e Ortigueira permitiranos achegarmos á zona norte de Galicia. Quen xa a visitou nalgunha ocasión saberá que conta con moitos e moi variados encantos. Pola súa beleza natural, os seus monumentos e as súas tradicións, deixará unha pegada na mente de quen a escolla para pasar uns días de descanso.

Ampliar

Os nosos pasos discorrerán dentro dos límites da provincia da Coruña, fundamentalmente pegados á costa, pero realizando algunha incursión cara ao interior. A paisaxe característica é unha fusión de mar e montaña. O litoral regalaranos as súas numerosas e fermosas praias, adaptadas a todos os gustos. Hainas doces e recollidas, resgardadas da ondada pola protección das rías, pero tamén existen outras salvaxes e abertas á forza do océano. O relevo das serras da Faladoira e da Capelada fan que nos movamos nun terreo fermoso pero difícil. Incluso á beira do mar acádanse alturas superiores aos 500 m, o que permite a existencia de espectaculares cantís.

Pola súa beleza natural, os seus monumentos e as súas tradicións, deixará unha pegada na mente de quen a escolla para pasar uns días de descanso.

A combinación de choivas frecuentes e terreo montañoso dá como resultado a formación de numerosos cursos fluviais. O máis importante deles é o río Eume. Nace nos cumios da serra do Xistral, a máis de 1.000 m de altitude, e desemboca na ría de Ares. No seu percorrido rega o Parque Natural das Fragas do Eume, un auténtico paraíso de vida natural. Está considerado uns dos bosques atlánticos máis importantes de Europa e acolle gran cantidade de especies animais e vexetais.

No plano cultural, Betanzos é unha pequena xoia dotada de numerosos monumentos. A vila de Pontedeume e os mosteiros de Monfero e Caaveiro, por citar algúns exemplos, completan o repertorio artístico que admiraremos ata chegar a Ortigueira, situada na fermosa ría do mesmo nome.

Entre as numerosas celebracións que teñen lugar nestas terras, destacan dúas que, con permiso de todas as demais, merecen unha mención especial. Por unha banda, a peregrinación ao santuario de Santo André de Teixido. Pola outra, con carácter máis lúdico, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba