Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Rutas turísticas > Ruta dos Ancares > Engadir á "Miña viaxe"
Os Ancares

NATUREZA

Os Ancares

Ancares é nome orixinal de río que prestou a súa sonoridade ás montañas máxicas...

Ancares - O Courel

XEODESTINO

Ancares - O Courel

As serras dos Ancares e do Courel esténdense por Lugo, no linde con Asturias e León. Son o maior espazo natural de Galicia...

Ruta dos Ancares

Descrición

A serra dos Ancares é un dos lugares de Galicia que máis sorprende pola súa beleza. Está situada no este da provincia de Lugo, na fronteira coas comunidades veciñas de Castela e León e O Principado de Asturias.

Ampliar

Ao longo das máis de 50.000 hectáreas, unha infinita rede de carreiros cruza profundos vales e ascende ata cumios de 2.000 metros de altura. No inverno, esta zona permanece cuberta pola neve. Coa chegada da primavera, as augas do desxeo flúen desde os cumios ata as zonas baixas, dando vida a numerosos regatos e pequenas fervenzas. Ata o final do verán, a montaña alcanza todo o seu esplendor. En outono o manto vexetal adquire tons encarnados.

Pola súa paisaxe e biodiversidade, Os Ancares constitúen unha zona de incalculable valor para os amantes da natureza.

En épocas pasadas, as recónditas montañas dos Ancares serviron de hábitat á última comunidade de osos de Galicia. A posta en marcha dun complexo programa de recuperación da especie fai que se comecen a ver os primeiros exemplares por estas terras. Outras especies que podemos atopar no noso paseo pola serra son o xabaril, o cervo, o coello, a curuxa, o raposo, o gato montés e o esquío.

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba