Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Costa da Morte Engadir á "Miña viaxe"

Costa da Morte

Destacado... De Faros e Cabos

  • Faro de Fisterra

  • Cabo Touriñán

A luz do Faro de Fisterra -que chega a alcanzar os 65 km de lonxitude- guía os barcos na súa navegación por estas augas perigosas, debido aos frecuentes temporais e arrecifes. Xa os romanos marabillábanse ao contemplar a posta de sol desde o punto máis occidental de Europa sentados nas pedras do Cabo Fisterra. Desde aquí descóbrense cegadoras panorámicas como a ría de Corcubión e a costa de Carnota xunto coa riqueza da inmensidade do océano. Todos os navegantes do mundo coñecen a existencia deste faro pois é un aviso importante da proximidade dunha zona perigosa.
A espectacular beleza dos arredores do faro de Cabo Vilán e a fereza do mar batendo as costas do Cabo Touriñán son tesouros que soamente se poden revelar na Costa da Morte. As praias salvaxes desta zona de Galicia como Mar de Fóra, rodeada de cantís, situada entre a península de Fisterra e o Cabo da Nave, poden ser o paraíso dos amantes das paraxes inhóspitas.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba