Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > O Ribeiro Engadir á "Miña viaxe"

O Ribeiro

Destacado... Pazos de Arenteiro e Festa do Polbo

  • Pazos de Arenteiro
    Pazos de Arenteiro
  • Pazos de Arenteiro
    Pazos de Arenteiro
  • Pazos de Arenteiro
    Pazos de Arenteiro
  • Festa do Polbo - O Carballiño
    Festa do Polbo - O Carballiño
  • Festa do Polbo - O Carballiño
    Festa do Polbo - O Carballiño
A pintoresca aldea de Pazos de Arenteiro no corazón do Ribeiro constitúe unha magnífica mostra da arquitectura popular e pacega desta zona de Galicia. Unha atractiva ruta percorre a localidade partindo das proximidades da Igrexa de San Salvador a través dun carreiro sinalizado que atravesa a romántica ponte medieval do río Arenteiro, que termina nunha fervenza no Pozo dos Fumes. A vexetación autóctona de ribeira e a vide mestúranse entre a paisaxe de pedra deste vistoso núcleo.
Mención destacada neste xeodestino merece o polbo do Carballiño que deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Polbo. Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico.

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba