16 xan 2017

Turismo de Galicia promove por vez primeira a nosa Comunidade no certame turístico Ferien Messe de Viena

Trátase dun encontro con gran potencial dado o interese deste mercado nos produtos relacionados co contacto coa natureza e no Camiño de Santiago

Así, Turismo de Galicia presenta as distintas posibilidades da Ruta Xacobea e incide nos recursos naturais galegos, o sendeirismo e a rede de centros BTT

Nos once primeiros meses de 2016, máis de 13.000 austríacos estiveron aloxados en hoteis da Comunidade galega

En relación ao ámbito xacobeo, o pasado ano un total de 1.663 peregrinos austríacos realizaron o Camiño de Santiago

 

A oferta turística da Comunidade galega estivo presente este ano por primeira vez da man de Turismo de Galicia no certame Ferien Messe, que se celebrou na capital austríaca.

Viena acolleu esta feira, unha das máis importantes de Austria no eido turístico, na que se dan cita o público xeral e os operadores turísticos máis importantes do país.

Nesta feira, os produtos relacionados co turismo de natureza adoitan ser os máis demandados e o Camiño de Santiago goza de gran sona.

Neste sentido, Turismo de Galicia presentou na Ferien Messe as distintas posibilidades para realizar o Camiño de Santiago na Comunidade galega, e incidiu nos recursos naturais galegos, o sendeirismo e a rede de centros BTT.

Mercado austríaco


Canto á demanda turística de Austria, ao longo dos once primeiros meses do 2016, foron máis de 13.000 os austríacos que se aloxaron nos establecementos hoteleiros da Comunidade galega rexistrándose máis de 18.000 pernoitas.

Canto ao Camiño de Santiago, un total de 1.663 austríacos realizaron a Ruta Xacobea e recibiron a Compostela no pasado ano, o que supón un incremento do 3,3% en relación ao ano 2015.

Arriba