16 xan 2017

Barceló Hotels inicia o ciclo de visitas das cadeas hoteleiras que buscarán talento no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Durante os próximos tres meses unhas vinte compañías internacionais visitarán o Centro e entrevistarán a todos os alumnos para facer as prácticas do curso 2016-17

Ata marzo, están confirmadas as visitas dunhas vinte compañías hoteleiras para participar en charlas informativas e facer entrevistas persoais aos estudantes de dirección hoteleira e de cociña.

A primeira das charlas será o próximo martes, día 17 de xaneiro, e correrá a cargo de Barceló Hotels nun encontro cos alumnos ás 17h30 e unha rolda de entrevistas para as practicas de verán durante todo o día seguinte.

A finalidade destas visitas é que os estudantes fagan prácticas en dirección hoteleira e e cociña nos máis de cen hoteis que a firma ten en vinte países.

O pasado ano, dez alumnos estiveron nun hotel de Barceló. Algún dos de ultimo ano, despois de finalizar a experiencia, recibiron unha oferta para traballar como directivo.

Ciclo de visitas

- HOTEL ARTS BARCELONA - RITZ CARLTON. 24 e 25 de xaneiro.
- HOTELES CATALONIA. 30 e 31 de xaneiro.
- NH – HESPERIA. 1 e 2 de febreiro.
- KEMPINSKI. 2 e 3 de febreiro.
- IBEROSTAR HOTELS & RESORTS. 6 e 7 de febreiro.
- DERBY HOTELES: 7 e 8 de febreiro.
- OCA HOTELES. 9 e 10 de febreiro.
- MELIÁ HOTELS INTERNATIONAL. 13 e 14 de febreiro.
- H10 HOTELS. 21 e 22 de febreiro.
- PALLADIUM HOTEL GROUP. 2 e 3 de marzo.

Así mesmo, o ciclo de visitas ao CSHG contará coa participación das cadeas Mandarin, Vincci, AC Hotels by Marriott, W Hotels, Accor, Eurostars e Ibérica London – as datas están por confirmar-.

Medoloxía

O CSHG é un centro de ensinanza superior que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que o alumnado pode acadar os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

Así, ofrece aos alumnos a oportunidade de facer prácticas todos os anos en establecementos hostaleiros de todo o mundo. Son obrigatorias porque forman parte do plan de estudos que os propios alumnos deben superar se queren pasar de curso.

O obxectivo principal é que o alumno coñeza en profundidade os departamentos operativos -servizos, cociña e aloxamento- e de xestión de hoteis, perciba a realidade do sector e poña en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso para adaptalos á realidade hoteleira. 
 

Arriba