30 set 2013

Curso de formación: turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade ou outras necesidades diversas

Xornada de formación e sensibilización para mellorar a atención ofrecida ás persoas con discapacidade nos establecementos e destinos turísticos, así como ofrecer ferramentas para auto-diagnosticar a accesibilidade dos establecementos turísticos, xestionar o seu mantemento e poñer en marcha actuacións de mellora.

Carmen Pita, gerente de Turgalicia, inaugurou o curso esta mañá.
DATAS: 1 e 2 de outubro de 2013
DESTINATARIOS
- Estudantes das titulacións de turismo, hostalería ou outras carreiras relacionadas.
- Profesionais do sector turístico das administracións públicas e/ou as empresas turísticas.
LUGAR
Centro Superior de Hostalería de Galicia
Estrada Santiago - Noia Km1 (A Barcia)
15896 Santiago de Compostela
Programa
Primeira xornada
Que é o turismo accesible?
a. Definición conceptual.
b. Principios do Turismo Accesible e Vantaxes.
c. Mercado potencial do Turismo Accesible.
Impacto dos hábitos turísticos das persoas con discapacidade no sector turístico.
a. Hábitos turísticos das persoas con discapacidade.
b. Razóns para escoller ou non un establecemento da oferta turística.
Atención ao cliente con discapacidade e con necesidades diversas.
a. Explicación e diferenciación de conceptos.
b. Tipoloxía de discapacidades.
c. As consecuencias das grandes discapacidades no desenvolvemento da actividade turística das persoas afectadas; principais necesidades dos turistas.
d. Pautas de atención ao cliente con necesidades especiais.
Actividade práctica: práctica ponche no meu lugar
Segunda xornada
Mesa redonda: Boas práctica de Turismo Accesible en España (1*h 30´)
Lexislación básica de Accesibilidade e Turismo Accesible de obrigado cumprimento.
a. Comparativa da Lexislación a nivel Europeo, Estatal e Autonómico.
Como mellorar a accesibilidade dos recursos turísticos?
a. Requisitos básicos de accesibilidade que deben reunir os recursos turísticos.
b. Aspectos craves a ter en conta segundo a tipoloxía dos establecementos: oficinas de turismo, aloxamentos, restaurantes, museos, espazos naturais, praias, espazos de congresos.
Como organizar actividades turísticas accesibles?
a. Como organizar unha visita guiada adaptada?
b. Como facer unha actividade accesible no sector turístico?
c. Exemplos de boas prácticas

Actividade práctica: Como facer un autodiagnóstico de accesibilidade e ofrecer a información ao cliente de forma correcta?
Arriba
Axúdanos a mellorar!