Detalle da nova

Atopáronse 1464 novas relacionadas coa súa busca:

11/01/18

Galicia presentarase en Fitur como un destino acolledor e con propostas novidosas e sustentables

 Entre os novos produtos, de interior e costeiros, destacan ‘Galicia Surfing’, ‘Club da auga’, ‘Escenarios ao volante’ e ‘Experiencias nos seis parques naturais’

As candidaturas galegas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas e Ribeira Sacra, terán un destacado protagonismo, precisamente no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha celebración na que Galicia leva tempo traballando

No eido do Camiño de Santiago, impulsarase ‘O son do Camiño’, prólogo musical previo ao Xacobeo 2021 coa presenza de destacados artistas internacionais

O stand de Galicia, de case 1.000 m², inspírase nun tradicional pazo, reinterpretado segundo as tendencias actuais, converténdoo nun fogar para todos os visitantes

29/12/17

Galicia recibiu xa preto de 4,9 millóns de turistas grazas á notable subida da cifra de viaxeiros ao longo dos meses de outono

 O número de visitantes medra máis dun 3% no conxunto do ano, con tendencias positivas nas pernoitas e na estadía media, que tamén soben un 5,6% e un 2,4%

 
No turismo rural, a demanda aumentou un 11% en novembro, o que consolida a melloría do 4,3% que esta modalidade está a experimentar ao longo de 2018
 
A Estratexia do turismo de Galicia 2020, que afonda na sustentabilidade e calidade da nosa Comunidade como destino, dá xa os seus froitos grazas á implicación do propio sector e da sociedade que atopa no turismo unha fonte de desenvolvemento 
 
Arriba