10 xul 2017

A Xunta promove o destino turístico Galicia no Vigo Seafest, no Resurrection Fest de Viveiro e na feira ‘Corazón de artesanía’

 rismo de Galicia instalou recintos nos dous festivais e na feira de artesáns para achegar información turística aos visitantes e difundir os valores da oferta galega

 

 A oferta turística de Galicia está presente a pasada fin de semana nos dous festivais e encontros profesionais máis importantes que se celebran na Comunidade galega ao obxecto de ofrecer información do turismo galego aos participantes e difundir os valores do destino.

Deste xeito, Turismo de Galicia estivo presente no Vigo Seafest, cun espazo de 25 metros cadrados, desde o que se difundirá a oferta turística, polo que se dispuxo de informadores especializados nesta materia.

Ademais, contou cunha decoración interior propia do mar galego. A fin de achegar dinamismo ao recinto, este contou cunha exhibición e obradoiros levados a cabo por unha redeira e un artesán que realizou nós, amosando o seu traballo aos visitantes que poderán aprender a elaboralos e levalos como agasallo.

Trátase da segunda edición deste acontecemento festivo, que naceu co obxectivo de posicionar Galicia como destino gastronómico de produtos do mar á vez que se promove a industria pesqueira nos seus ámbitos transformador e comercializador, así como a produción sustentable, a alimentación saúdable, ademais de contar con actuacións musicais e actividades culturais e de ocio.

Resurrection fest

Por outra parte, Turismo de Galicia participou por vez primeira no Resurrection fest, ao que asistiron miles de afeccionados á musica rock, procedentes de distintos países, pois xa se consolidou como unha das citas máis importantes de Europa no ámbito do rock duro.

Nesta edición, Turismo de Galicia dispuxo dunha carpa de 25 metros cadrados, co obxecto de informar e dar a coñecer a oferta turística galega a eses milleiros de visitantes que cada ano se achegan a Viveiro. Este recinto estivo atendido por unha informadora e persoal especializado de Turismo de Galicia.

‘Corazón de artesanía’

Por último, o departamento de Turismo da Xunta colaborou coa Fundación Artesanía de Galicia instalando un módulo informativo para a difusión da oferta turística de Galicia no acontecemento ‘Corazón de artesanía’ que se celebrou a pasada fin de semana na vila pontevedresa de Agolada.

 
Arriba
Axúdanos a mellorar!